FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 30 de novembro de 2008

PORTEÑO 2 - MALPICA 1





















Por primeira vez vou a dar a alineación do equipo inicial: TINO-CHUCHO-ALBERTO-WJ/FERNANDO-LANCHA-GUILLERMO-DOURADO-CASTRIÑO-RAMÓN ANGEL-ESMORIS (CON MARTUXA DE ENTRENADOR). Despois viñeron Fino,Carlos e Saleiro que se trabucaron e foron a parar a Ponte do Porto.Boa parte dos outros teñen a sua ausencia plenamente xustificada. Outros quizás non, tampouco lle vamos a dar mais voltas. Estou orgulloso de decilo, pero hai que ter o que se ten que ter para presentarse en Camariñas as nove e pico da mañá, vindo desde Malpica, co tempo que estaba a facer. Si salistedes na tarde-noite-moi noite do sábado sabredes do que estou a falar. Incluso nos tocou ver de camiño (aparte de grande cantidade de granizo na estrada) un coche accidentado nas lagoas (Vimianzo), no cual, ao/s que lle tocou pode/n empezar a contar o seu cumpreanos a partir de hoxe, eso si non , desgraciadamente e terriblemente, morreu/ron.Veremos os xornais.
Partido xogados contra un dos novos equipos desta tempada (tamén penso que son dos mais novos en edade) e xogado de poder a poder.Creo que foi un dos nosos mellores partidos ata o momento.
Na primeira mitade e como sempre, e xa empezamos a acostumbranos, no seu primeiro ataque o Porteño marcou o seu primeiro gol. Tamén como sempre nos empezamos a domiñar e conseguimos empatar por medio de Ramón Angel. A segunda mitade foi en gran parte nosa, xogándose a maior parte do tempo no campo do Porteño. Tivemos a meior ocasión do partido nunha internada maxistral de Ramón Angel que pasou o balón a Esmorís, envenenouselle a éste a deixada e non poido marcar (cando non tiña ningún atranco diante) e volviu o balón a Ramón Angel, que tampou poido marcar en boísima posición. Houbo outra enorme ocasión de Ramón Angel que cabeceu, ainda que algo atrancado, e saliu fora por pouco. Eles tiveron tamén unha boa por fallo de Manolito nun balón fácil de atallar. E cando críamos que xa remataba o partido así, o Porteño marcou nun saque de esquina que remataron na área pequena (Manolito resbalou na saida) e o balón entrou mansamente na rede, por riba dos defensas.
O árbitro foi Martín. Sabedes o que estades de fai tempo cómo é. Hoxe pudose trabucar pero non influiu no resultado. O partido FOI DE GUANTE BLANCO cómo tiña que ser. Equivocouse mais que nada en dar a lei da ventaxa (en ocasión moi claras de ataque) e en algún fora de xogo. No resto fixo ben. Dámoslle un 2.

2 comentarios:

  1. ¡Eu quería ir! Pero na miña casa non queren que colla frío, porque despóis non circula ben o sangue e non chega a tódolos órganos coa presión suficiente.......

    ResponderEliminar