FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 7 de decembro de 2008

CORCOESTO 3 - MALPICA 1













Partido moi mal xogado pola nosa parte nun campo moi bo pero que non estaba nas mellores condicións por culpa das chuvias caídas no fin de semana. Moi pouco tivo que facer o Corcoesto para gañarnos. Na primeira mitade (e con éste xa son sete partidos seguidos) meteronnos o gol nada mais empezar: apareceu un xogador libre de marca con quen nadie contaba e mandou o balón a escuadra. Reaccionamos no xogo pero hoxe non tivemo-lo día. O rival volveu a marcar por medio de unha falta moi ben sacada polo seu nª 17 . Na segunda parte casi nos pasa o mesmo da primeira. O Corcoesto casi nos mete un gol no seu primeiro ataque.Despois cercamo-lo marco contrario e tivemos algunha que outra ocasión. Pero seguía sin ser o noso día. E nun balón tonto que recuperamos atrás, pasanllo a Suso que resbala, o cual lle da a ventaxa ao seu dianteiro que cede atrás para que meta un compañeiro seu de tiro pegado a cepa do poste. Despois soio nos dou tempo a anota-lo gol da honra por medio de Guillermo. Os goles do equipo rival foron obra de J. Carlos Esmorís, José F. Espurís y J. Antonio Fuentes.
En canto ao árbitro, José Antonio, ainda que sexa unha persoa dialogante, creo que andaba mais a non pisar as charcas que había polo campo que a fixarse no que pasaba.De feito, acabou o partido co seu traxe inmaculado, non lle salpicou nin unha gota de barro (cousa artamente difícil). Tampouco foi determinante no resultado. Damoslle un 2.

2 comentarios:

  1. estas tonto¡ xa que no gol que resbalou suso, deixaron un balon moi corto que mais que pase foi un auto pase de guillermo e despois o rival non pasou o balon porque chegou un compañeiro e golpeo a bola tal como pudo , asi que creo que alguien ten que ir o oculista o padeze del alzheirme. ala¡ A RAÑALA

    ResponderEliminar
  2. Si Suso non resbalara chegaba tranquilamente ao balón ainda que e verdade que o pase foi algo corto. O que fixo o primeiro dianteiro foi recupera-lo balón e deixar que tirara un que viña desde atrás e entraba sólo. O mesmo pasou no primeiro gol, que apareceu un segundo xogador sin marca que tirou cómodamente de frente. Estamos en épocas de Nadal, ou sexa, de regalos. A RAÑALA tamén.

    ResponderEliminar