FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 25 de xaneiro de 2009

MALPICA 1 - DP. CARBALLO 1














Partido xogado en condicións atmosféricas prácticamente imposibles no seu comenzo. Despois aclarouse o ceo un pouco. Ainda sendo ese tempo infernal acudimos dezasete xogadores para xogalo, o cual, habendo dous lesionados de consistencia, é todo un mérito. Na primeira mitade, e cómo nos sucedeu en moítisimos partidos, metéronnos o gol na primeira xogada de ataque, si bien tiveron seguidas 3 ou 4 ocasións claras.O gol foi un tiro colocado de Francisco Varela desde o borde da área que Manolito tocou pero non o suficiente para evitalo. Nesa primeira parte o partido foi para o Dp. Carballo.
Na segunda mitade cambiaron as tornas. Encerramos ao Dp. Carballo no seu campo e dispuxemos da mellor ocasión para empata-lo partido nun penalty claro feito sobre Esmorís, que éste tirou moi mal fora dos tres paos. Non fallou o mesmo dianteiro na prolongación do partido, con protestas do equipo contrario pola tempo añadido concedido polo árbitro, e colocou un tiro a escuadra que bateu sin remisións ao porteiro rival.
Sobre da arbitraxe, decir que Gerardo é un árbitro que ten as suas ideas sobre como levar un partido. Non incidiu no resultado salvo nese tempo extra que añadiu na segunda parte. Sí se equivocou en xogadas por non querer aplicar a lei da ventaxa cando os xogadores marchaban en boa posición cara a portería contraria (e pitaballes falta a favor que os frenaban). En xeral tivo unha actuación aceptable perxudicando por igual a ambos equipos. Dámoslle un 2.

Ningún comentario:

Publicar un comentario