FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

luns, 19 de xaneiro de 2009

QUE SAIAS PRONTO, MARTÍN

Como supoño que pasará tamén en boa parte dos outros equipos, parte do noso, ben porque teñamos fillos xogando ou simplemente por aficción, fae tarefas de asistencia nos equipos base do clube. E este fin de semana tocounos vivir un gran susto que protagonizou o mozo que tendes na foto. Xogábase o sábado pola mañá o Malpica-Ponteceso de cadetes e nunha xogada moi desafortunada o rapaz foi dar bruscamente contra a valla de separación do campo. Ainda que acudimos moi rápido (e os do Ponteceso tamén, que hai que agradecerllo no alma a Mato e os seus compañeiros) e o levou a ambulancia velozmente a residencia, Martín romperase o fígado e perdeu bastante sangre. Estivo nun tris a cousa de acabar nunha operación bastante delicada.Ao final as defensas do organismo actuaron para tapona-la ferida e , salvo desastre que non esperamos, vai a sair ben desta. Polo tanto, o protagonista de esta semana e seguramente deste ano vaino a ser este crack. Ponte ben e sal pronto de ahí, Martín. Que te queremos ver fora de ahí.

Última hora: acabadiño de chegar do hospital dónde vín a Martín bastante ben en compañía dos seus amigos. Acercouse moita xente a velo estos días. Estiven alí e deixeino cando iba a empezar o Español-Barcelona de copa para que o vira tranquilo. Esperemos agora que lle den pronto a alta médica e vaia para casa. Celebrarémolo.

13 comentarios:

  1. Mandarlle ánimos a Martín, eu estaba alí cando foi eso, e si ¡¡ vaia susto, ainda que cando marcharon con el ninguén pensou que fora o tema tan grave. Canda saia da UCI iremos a velo eu mais o meu rapaz que estaba a xogar ese partido. Foi moi bonito ver como todos e cada un dos nenos (tanto Malpica como Ponteceso) non querían seguir xogando, eso si que di moito, aparcaouse de inmediato toda a rivalidade e so se pensaba en Martín. ANIMOS E A RECUPERAR ESE GRAN XOGADOR QUE É MARTIN.

    ResponderEliminar
  2. Dende Cabana o noso mais forte abrazo a Martin. Que se recupere prontiño, queremos a foto de Martin de volta no campo de futebol

    ResponderEliminar
  3. animo chaval xa veras como todo se keda nunsusto e volves a dar tardes de futbola malpica e a toda comarca

    ResponderEliminar
  4. Dende Soandres quero darle moitos animos a Martin eu tamen tiven una lesion que me apartou dos campos 2 anos e agora volvin para xogar nesta liga, o meu foi un chisquiño mais que o do porteiro do Chelsea, ca diferencia que a min no me deron casco jaja. Martin recuperate o mais pronto posible e tampouco teñas prisa en volver 1º recuperate ben que o futbol esperate, dende aqui quero mandarche todalas forzas posibles. ANIMO CAMPEON.

    ResponderEliminar
  5. amigo renqueante. Imprime as folliñas dos blogs e faillas chegar o chaval, sería un gran detalle. Chapeau o futbol veterano esta vez, que debe pensar mais nestas cousas que nos titulos.
    Ánimo Martin!

    ResponderEliminar
  6. Seguimos en contacto tanto co rapaz como coa sua nai, que sufriu o sábado o indecible, pero grazas a Deus xa pasou.Martín xa saiu da planta de reanimación e pasou a estar nunha cama da planta 10 da residencia. Esperamos a sua pronta recuperación e saida.

    ResponderEliminar
  7. Desde Cances desexarlle un pronta recuperación a Martin y darlle ánimos para que a súa recuperación sexa rápida. ANIMO MARTIN..

    ResponderEliminar
  8. Onte fun co meu rapaz ver a Martin. Dicir que viñemos moi contentos de velo tan recuperado e con moitas gañas de salir xa do hospital. O meu estaba moi afectado porque foi o que chocou con el, pero Martín nada mais entrar pola porta dixolle que non pasara nada, que fora mala sorte, despois falaron do futbol, comentaron a liga, ...chapó Martín, todo un exemplo.
    Nos estibemos ca nai de Martin, moi agradable e agradecidos do recibimento,pois non nos coñeciamos de nada.

    Por sorte todo queda nun gran susto e pronto volveremos velo nos campos de futbol, que polas gañas non é, non fai mais ca dicir que quere volver xa.

    ResponderEliminar
  9. Como entrendor dos cadetes, darlle a gracias a todos polos animos a URU, que asi e como lle gusta que lle chamen a nivel futbolistico, el esta moito mellor e con moito animo e con moitas gans de volver, ainda q esto no sera tan pronto como el espera. Tamne moitas gracias a ti WASI por todo esto en especial polo do sabado con homes como ti e facil ter categorias inferiores.

    Entrenador dos cadtes da SCD MALPICA

    ResponderEliminar
  10. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  11. limítome a decir o que xa dixen anteriormente: que sólo me limitei a acompañar ao cativo e a sua nai, cómo creo que tería que facer calquera. Que había mais xente que se moveron moito mais rápidos e seguros que mín, incluida a xente do equipo contrario (espero e desexo que calquer equipo que se presente en campo contrario faga o mesmo nas mesmas circunstancias, ainda que o Ponteceso deixou o listón moi alto). e que xa vín face-lo mesmo en circunstancias parecidas ao irmán do entrenador que falou (e delegado dos cadetes). W.J.

    ResponderEliminar
  12. DENDE SOANDRES,COMA FAN QUE SON DOS VETERANOS DE SOANDRES,MANDOCHE MOITA FORZA DENDE EIQUI E UNHA FORTE APRETA E QUE TE MELLORES PRONTO MARTIN.E O PRIMEIRIÑO DE TODO RECUPERATE O 100 X 100 QUE O FUTBOL SEMPRE ESTARA AHI ESPERANDOTE COMO O KRAC QUE ERES DE ESTE TEU EQUIPO E OS TEUS COMPAÑEIROS ESTARAN A ESPERARTE COS BRAOS ABERTOS SEGURISIMO,E CREO QUE ENESTA OCASION SE DEMOSTROU O GRAN COMPAÑEIRISMO E A VONDADE DA XENTE,OMO NAI QUE SON SEGURO OS PAIS DE MARTIN ESTAN SUPER AGADECIDOS CON TOD@S MOITOS BICOS E A RECUPERARSE PRONTO MARTIN QUE DEUS TE BENDIGA...

    ResponderEliminar