
Os rapaces da SCD que colleron as rendas da directiva non deixan de sorprendernos ( para ben) .
Si hai unha persoa que sexa unha institución no actual Malpica (ademais de Jesús, naturalmente) e que estivo sempre co equipo, tanto nas duras como nas maduras, ese é Manuel García Vázquez "Manolito". A tira de carnets de socios que tivo que ir entregando buscándonos pola rúa, indo porta por porta, temporada tras temporada,.... O interminable número de rifas que repartiu no campo de fútbol ós espectadores, socios, directivos, colaboradores e xogadores, deste club e rivais. Non se entendería a SCD Malpica sin a sua labor. Era hora de facerlle unha homenaxe a sua persoa. E que mellor dedicatoria que darlle o seu nome ó Trofeo das Festas do Mar.
Polo tanto, o VENRES 26 DE AGOSTO no campo da Pedra Queimada
**********************
1er. TROFEO "MANOLITO"
**********************
SCD MALPICA - CLUB DO MAR
(SENIORS - AS 21,00 H.)
**********************
E COMO PREÁMBULO
********************
SCD MALPICA - CABANA SD
(XUVENÍS - AS 18,30 H.)
ÚLTIMA HORA :
O CLUB DO MAR FOI O VENCEDOR DO PRIMER TROFEO "MANOLITO" Ó VENCER NO LANZAMENTO DE PENALTYS Ó MALPICA. O TEMPO REGLAMENTARIO ACABOU CON EMPATE
(1 - 1 ) .
NO PARTIDO DE XUVENÍS O RESULTADO FOI TAMÉN DE EMPATE ( 2 - 2) .
os veteranos debian tamen xogar outro trofeo en honor a monolito por todo o que representa no malpica qreo que o merece ....e 'moito '¡¡¡¡¡
ResponderEliminar