Primer partido con novo porteiro, Nacho. Estivo bastante ben ainda que non tivo moito traballo. Despois dos primeiros minutos de tanteo, os dous equipos xogaron as suas bazas. Nós tivemos unha moi boa oportunidade en un gran balón de vinte metros mandado por Alberto cara "a Galerna das Sisargas", Agustín, no cual meteu a punta do pé diante da chegada do porteiro e o balón saiu desviado. Pero todavía gozamos de mellor oportunidade nun penalty surgido de unha falta lanzada por Mutio que non atallou o porteiro e, cando o dianteiro recolleu o balón, enganchouno nun pé. Mutio tirou o penalty pero o guardamallas adiviñou ben a intención e despexou. E cando xa acababa a primeira mitade, no minuto cuarenta e seis, un córner botado desde a dereita polo Camelle chegou a Manolo, quen hábilmente de cabeza marcou o 1-0.
Na segunda parte non tardamos en empatar. No minuto cincuenta un balón chegado a Fran fixo que se revolvese na área e batera por baixo ao porteiro rival. Estábamos a xogar ben, chegando fácil a área rival. E no minuto sesenta e cinco outro balón moi ben pelexado por Agustín fixo que, ainda que se escorase algo a dereita, lanzase un zambombazo que se colou pola escuadra. De ahí ao final o Camelle quixo embotellarnos no noso campo pero entre Suso e Alfeirán (ben axudados polo resto do equipo) despexaban todo o que podían e non pasamos moitos apuros.
Julio foi bastante protestado polos de Camelle. Pero salvo algún fora de xogo pitado (e que era bastante dudoso que o fora), no que facía bastante caso ao que lle reclamaban as defensas, no resto pasou bastante desapercibido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario