Partido xogado en Vimianzo as 10 da mañán. O motivo do adianto non foi por haber segundo partido ao mediodía sino porque o xogador mais determinante que ten o Soneira, J. Miguel Figueira, xogador franquicia do equipo de Preferente durante moito tempo e actualmente técnico de este equipo, tiña partido dos seus pupilos pola tarde e non podería estar a sua hora si xogáramos as 11. Sólo entendemos este motivo pola importancia de dito xogador porque o Soneira tiña sete cambios mentras que nós sólo tivemos un (eramos trece pero eu sentín un pinchazo nun glúteo no quencemento e tiven que contentarme con ve-lo partido desde o banquillo) .
O partido foi de dominio do equipo rival. Sin paliativos. Na primeira mitade con Miguel controlando e distribuindo o xogo mais co nº 9, Francisco Soto "Lareiras", inquietando a nosa defensa con continuos desmarques. En un deles prántouse sólo diante de Carlos, que acertou a desviar o tiro ca perna cando xa se cantaba o gol. De un pase deste xogador desde a dereita veu a asistencia que serviu para que Miguel marcase o 1-0. Nós contentámonos con estar ben dispostos en duas líneas diante da portería con Esmorís xogando sólo en punta, ben controlado por tres defensas na línea de mediocampo.
A segunda parte foi un calco descarado da primeira. Seguimos ben plantados no campo pero sin apenas saida de contragolpe. Eles sólo tiveron duas boas ocasións : un tiro lonxano que Carlos acertou a toca-lo suficiente para que fora ao pao esquerdo da portería para terminar sendo despexado e un córner desde a esquerda que tocou na cruceta do pao esquerdo sendo finalmente rematado por un xogador deles no segundo pao. Nós tivemos duas medias oportunidades : un tiro lonxano de Mutio que Alberto despexou a córner nunha palomita e unha cesión da defensa ao porteiro que, sendo dentro da área grande, o árbitro mandouna sacar a catro metros da área e con unha defensa que estaba demasiado cerca co cual cando Mutio quixo lanzar xa tiña a un deles encima do balón. Pero hoxe xogábamos demasiado lonxe da área deles, tería que medir o campo como uns vinte metros menos para que puderamos chegar a inquietar.
O árbitro Miguel non o fixo mal. Viña bastante queimado pola polémica da arbitraxe do outro día ao Xuventude de Bergantiños. Non tivo problemas de ningún tipo. Pedironlle un penalty na segunda mitade por caída de Miguel pero o que nós vimos foi que Alfeirán despexa o balón nesa xogada.
hola vinte requeante . non estou de acordo coa critica k fas do cambio de horario de partido, xa k si nos aceptamos, ahora non temos nada k decir, e digoche mais, amin motivame moito, xogar contra xente como miguel, que eh un gran xogador e uha excelente persona, asi non ahi k chorrar tanto , vale, un saludo para todos
ResponderEliminar