No que nos toca aos veteranos, costounos deus e axuda. O que parecía que iba a ir moi ben casi que se torce. Pero ao final o traballo acabóuse como debido e gañamos.
Na segunda parte, o Club do Mar presionou moito e fíxose co centro do campo, donde mandaban Ton e Javier, con balóns postos aos seus dianteiros e paradóns de Nacho. Puxéronnos en demasiados apretos. Tivemos dous contragolpes en balóns directos a Esmorís pero hoxe non era o seu día e fallou os intentos de vaselina lonxe do alcance do meta. Eles fallaron balóns moi claros hasta que no minuto 65 unha falta botada desde a esquerda era empuxada a gol por Javier sin que ninguén lle fixera oposición. Empate mais que merecido vendo os méritos do rival. E cando faltaba un cuarto de hora o noso mister tomou unha decisión : sacou a Galerna, que non estaba vendo porta e puxo a Fran de novo en punta. E voltamos a tomar a dianteira. Primeiro en un balón sin perigro que, cando un defensa deles quixollo deixar ao seu porteiro, non fixo mais que cederllo a Ramón e non desaproveitou o regalo. E despois nun balón en longo ben aproveitado por Fran para conseguir o resultado definitivo.
Para nós a arbitraxe de Jose Antonio estivo ben. Moitos dos nosos rivais non estaban de acordo (pudo fallar na determinación de algún fora de xogo como os xogadores fallamos no xogo do balón) pero e moi jorobado ter un árbitro xogando nas filas do teu propio equipo, porque Rama (que é árbitro e ademais bastante bo) non lles daba para nada a razón aos seus camaradas.
Ides lanzados. ¡Deixade algo para a segunda volta!
ResponderEliminarxa non vai a caber duda. mais tarde ou mais cedo (mellor que sexa tarde) perderemos. xa non temos tantos efectivos como ao principio. nos partidos da casa ainda xuntamos xente pero nos de afora...
ResponderEliminarIso vímolo este Domingo no noso partido. Xogamos contra dez e eso foi determinante.
ResponderEliminartranquilos,na segunda volta prometobos que lle ganamos o coristanco,e o soneira
ResponderEliminar