FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 11 de decembro de 2011

CLUB DO MAR 3 - MALPICA 5

Bueno, fin de semana para recordar na SCD Malpica. Creo que fai moito tempo que non ganan todos os seus equipos (por orden, primeiro os cadetes, logo os xuvenís, logo os veteranos e remataron os seniors gañando ao Muros).

No que nos toca aos veteranos, costounos deus e axuda. O que parecía que iba a ir moi ben casi que se torce. Pero ao final o traballo acabóuse como debido e gañamos.

Vaiamos por partes. Hoxe parecía que iba a caer auga por un tubo. Pero non foi así e tivemos un tempo aceptable para o xogo. O equipo rival empezou sin porteiro, motivo polo cual eles estaban berrando para bota-lo balón fora e nós non viamos ningún lesionado. No minuto 1 un balón botado en longo foi aproveitado por Fran para poñer o 0-1. Pouco nos durou a alegría porque no minuto 6 un córner desde a esquerda non era despexado pola defensa, falla por parte deles Rama no tiro a porta pero Chucho querendo bota-lo balón fora marca gol na nosa propia portería. Seguimos xogando e conseguimos dar dous zarpazos ao marcar de novo por medio de Mutio en falta directa (minuto 13) e posteriormente (no minuto 20) facendo a xogada nosa mais bonita do partido cando Mutio mete un pase entre líneas para o desmarque de Luis, que salva a entrada do porteiro e fae o pase da morte a Fran que a mete dentro. Pero o noso punto para defender certos balóns é casi que cómico : no minuto 44 un balón na nosa área recolleo Javier e, cando os nosos defensas van a querer presionalo, deixan sólo a Rama que recibe o pase e recorta diferencias.


Na segunda parte, o Club do Mar presionou moito e fíxose co centro do campo, donde mandaban Ton e Javier, con balóns postos aos seus dianteiros e paradóns de Nacho. Puxéronnos en demasiados apretos. Tivemos dous contragolpes en balóns directos a Esmorís pero hoxe non era o seu día e fallou os intentos de vaselina lonxe do alcance do meta. Eles fallaron balóns moi claros hasta que no minuto 65 unha falta botada desde a esquerda era empuxada a gol por Javier sin que ninguén lle fixera oposición. Empate mais que merecido vendo os méritos do rival. E cando faltaba un cuarto de hora o noso mister tomou unha decisión : sacou a Galerna, que non estaba vendo porta e puxo a Fran de novo en punta. E voltamos a tomar a dianteira. Primeiro en un balón sin perigro que, cando un defensa deles quixollo deixar ao seu porteiro, non fixo mais que cederllo a Ramón e non desaproveitou o regalo. E despois nun balón en longo ben aproveitado por Fran para conseguir o resultado definitivo.

Para nós a arbitraxe de Jose Antonio estivo ben. Moitos dos nosos rivais non estaban de acordo (pudo fallar na determinación de algún fora de xogo como os xogadores fallamos no xogo do balón) pero e moi jorobado ter un árbitro xogando nas filas do teu propio equipo, porque Rama (que é árbitro e ademais bastante bo) non lles daba para nada a razón aos seus camaradas.

4 comentarios:

  1. O 6 dos veteranos do Leiloio15 de decembro de 2011, 21:30

    Ides lanzados. ¡Deixade algo para a segunda volta!

    ResponderEliminar
  2. xa non vai a caber duda. mais tarde ou mais cedo (mellor que sexa tarde) perderemos. xa non temos tantos efectivos como ao principio. nos partidos da casa ainda xuntamos xente pero nos de afora...

    ResponderEliminar
  3. Iso vímolo este Domingo no noso partido. Xogamos contra dez e eso foi determinante.

    ResponderEliminar
  4. tranquilos,na segunda volta prometobos que lle ganamos o coristanco,e o soneira

    ResponderEliminar