Na primeira parte xa avisaba Ton no minuto dous con un bo tiro desde fora da área. E a partir de ahí o recital de Zurdo, avisando primeiro con un gran tiro a base do poste e gran estirada de Nacho e despois cruzando ca zurda un pase desde a esquerda lonxe do alcance do noso porteiro. Ainda tiveron outra gran xogada nun balón pola banda dereita que levou Ton hasta o fondo e, cando todos esperábamos o centro a área pequena, fixo o "pase da morte" a Zurdo que entrou desde mais atrás e topouse no seu tiro con Nacho.
E nós mirando e facendo o que podíamos. Gracias que defendemos bastante ordenados en duas líneas porque si non o dano sería maior.


Na segunda mitade seguiu a mesma tónica. Por moito que queríamos non dábamos chegado a sua área. E o Zurdo voltou a facer un quiebro ao seu defensa e lanzou outro disparo a escuadra dereita dónde chegou Nacho facendo a parada do partido. Pero despois de tentalo nunha siguiente ocasión o Zurdo rompeu. Rotura de fibras casi que segura. E ahí acabouse o Coristanco. Quedaban uns vinte minutos e fixémonos donos do partido. O que pasa que as forzas xa non acompañaban como a nós nos gustaría. Ainda así os nosos rivales xa pasaron a sufrir mais e a aguantar o resultado. Mutio tirou unha falta que puxo en apretos ao cancerbeiro rival porque botoulle diante e escapábaselle cara os nosos dianteiros pero reaccionou a tempo e soubo resolvelo. Ainda así o Coristanco pudo meter o segundo si Rama quixera ver un penalty que vimos todos os que estábamos no campo : a Carlos marchábaselle cara a nosa portería o dianteiro que lle tocaba cubrir e, querendo chegar ao balón, o único que fixo foi darlle unha patada clara dentro da área batendo con él.
Rama tampouco foi que arbitrara mal. Fallou claramente nesa xogada. No resto estivo bastante tranquilo despois de avisar a un par de xogadores de que non quería protestas. Hasta pasou esta vez que non amonestou a Lancha ainda que o noso xogador NON SABE ESTAR CALADO diante de este árbitro. E voltou a poñer na acta o consabido "destacar la gran deportividad de ambos equipos". Eso sí, despois de decir no minuto 87 do partido aos xogadores que quedaban tres minutos dou por finalizado o partido un minuto despois, ou sexa, que quedaron sin xogar dous minutos mais o desconto que tiña que haber dado polo tempo perdido en atender ao Zurdo. E a nós quedounos a impresión, si cadra errónea, de que podíamos haber empatado o encontro nese tempo.
A destes (xunto co Soneira) é outra liga, aínda que non quedan libres de levar algún que outro susto por ahí adiante, que é o bonito do fútbol. Felices festas
ResponderEliminarainda que a maioría dos nosos viron como equipo mais forte dos que xogaron contra nós ao Muros (que non nos gañou pero convenceu co seu xogo de equipo)creo que, salvo hecatombe, eses dous equipos serán os que finalmente se leven o ascenso como premio. outro cousa será a que fagan en primeira división pero xa se verá no seu momento, si suben. felices festas.
ResponderEliminar