FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 4 de decembro de 2011

MALPICA 1 - CERQUEDA 1

Partido xogado con tempo bastante cambiante e desapacible. Enfrente tiñamos ao equipo veciño que, ainda que tiña bastantes problemas de efectivos no que vai de liga, hoxe xuntaron a dezasete homes para o derbi. Polo tanto cada equipo contou soamente con un par de ausencias. E o xogo foi bonito de seguir posto que os dous equipos empleáronse a fondo para tentar gañar o partido, sin querer dar ningún balón por perdido.

Despois dos primeiros escarceos, no minuto 10 Alberto marca de falta con un lanzamento que botou diante e sorprendeu a Jorge. A resposta deles veu dada por un tiro impresionante de David (con unha gran parada de Nacho) e outro tiro do nº 11, Pablo, que puxo en apuros ao noso porteiro e saiu despois de tocar na cruceta da portería. Sin embargo, a mellor ocasión de todas a tivo Oscar, que recibiu un centro desde a esquerda de Pablo de Seaia cando estaba sólo diante da nosa portería e non pudo definir con claridade o cabezazo, que marchou alto. E decir, que chegamos ao descanso con unha ventaxa que non facía total xusticia ao visto no campo.

Na segunda mitade mais control do centro do campo dos xogadores do Cerqueda. Nós non atinábamos a ter o control do balón cando o collíamos posto que o perdíamos inmediatamente. Ainda así pudemos poñernos 2-0 nunha xogada na que Fran gañoulle ben as costas da defensa do Cerqueda e tirou forte facendo unha gran parada Jorge. Perdoamos e no minuto 57 unha xogada que semellaba intrascendente con entrada de Fernando pola banda dereita do ataque deles finalizou nun pase a área e, cando todos pensábamos que Tino a iba a despexar lonxe, non chegou ao balón e acabou nos pés de Blas que, sólo diante da nosa portería, non perdonou e acadou o empate. De ahí en adiante seguiu o control no xogo por parte do Cerqueda e nós pelexando cada balón.
A oportunidade de ouro de gaña-lo partido pasou no minuto 89. Nunha falta sacada desde a esquerda por parte de Mutio con centro a área pequena, Jorge non atalla a pelota e o seu rechace foi cabeceado por Fran ao pao esquerdo da portería cando cantábamos o gol.

Isidro estivo bastante ben. Ainda así foi políticamente correcto nas tarxetas que non quixo mostrar nin a Lancha nin ao nº 11 Pablo. Nós protestámoslle tamén un fora de xogo que pitou a Galerna no último minuto de partido, cando se escapaba cara portería, porque pasou a altura do noso banquillo e vimos claramente que estaba en posición legal pero tamén entendemos que non é doado percibir ese tipo de xogadas.

9 comentarios:

  1. Richard, Abel, Billy, e David Freijeiro 4 baixas do Cerqueda, bastante importantes.
    Se medirán a posesión un 70 % aprox do Cerqueda, pero sen o único dianteiro que temos é difícil ganar.
    O Malpica defendeu moito e ben, empate xusto e consigue ó sexto intento non perder contra o Cerqueda.

    ResponderEliminar
  2. Parece mentira co equipazo que tendes só sexades capaces de xuntar xente para xogar contra nos: un equipo mítico e punteiro de Europa. A outros nos gustaría que nos tocase a quiniela pero en fin cada quen conténtase co seu.
    Deberíades loitar polo ascenso e levalo de calle, e deixar aos outros equipos máis terrenais e sen tantas estrelas e supernovas que loiten pola súa liga que é a de pasalo ben e disfrutar todos os domingos co equipo completo.

    ResponderEliminar
  3. O Cerqueda tuvo a posesión e aos puntos estaríamos K.O. pero por sorte ou por desgracia a veces o fútbol non é xusto e só contan os goles. Un puntiño que a nos sábemos case a victoria polo rival que tíñamos diante que si o acompaña a sorte e a xente pode chegar alto.
    Moita sorte

    ResponderEliminar
  4. Suscribo as palabras do meu compañeiro Marajota. Gústoume moito que, salvo contadas excepcións, o partido transcurriu dentro da mais grande deportividade. E aviso a navegantes : neste blog permítense pero non están ben vistos os anónimos. Por unha razón mais que sólida : vemos perfectamente a merenda de negros en que se convertiron algunhas novas de outros blogs do Malpica e demais equipos por culpa de algúns que querían tirar a pedra e esconder a man. Creo que eso pasa tamén no blog do Cerqueda a cuyos autores felicito por chamarlle a atención a quen non poñía o seu nome. É MOI FACIL : acabas o comentario e, ainda que poñas anónimo, añades o teu nome é de dónde es ou en que equipo xogas. Así non hai malos entendidos. Despois de eso cada quen pode opiñar como lle de absolutamente a gana. Pero a cara descuberta.

    ResponderEliminar
  5. Luis o de Buño que vive en Malpica pero xoga no Leiloilo e non o queren en ningun lado5 de decembro de 2011, 20:18

    Parece que o Cerqueda reacciona, o que demostra que unha parte importantísima nesta competición e o simple feito de poder contar coa xente, porque ter ten equipo para estar máis ariba. A ver se sigue a racha...dentro de quince días, despois do outro derby contra o Leiloio, a quen tamén se nos empezan a acumular as baixas. E ó Malpica, qué dicirlle senón que siga así, que esta tempada está a facelo de luxo.
    PD:creo que igual identifiqueime de máis :)))

    ResponderEliminar
  6. Ola, un bo partido no que ó revés dos últimos años, case non protestamos ó arbitro, eso fixo que o pasásemos ben xogando.
    O Malpica mellorou moito con Fran en ataque, jejeje, e mellorou sobre todo en non xogar coa defensa adiantada, outros años adíantabades a defensa incluso ganando e eso é mortal xogando en veteranos.

    ResponderEliminar
  7. noraboa pola victoria este ano estades que bos salides.

    ResponderEliminar
  8. Queria comentarle al administrador si conoce a los del blog del Nanton para que les diga que actualizen que llevan mucho sin hacerlo y hay coments en el ultimo post.

    ResponderEliminar
  9. Desgraciadamente non sei quen o leva ou o levaba e supoño que Marajota tampouco. si me entero i teño acceso a él procurarei decirllo. é unha magoa porque entretiñame abondo.

    ResponderEliminar