DÍA 4 DE MARZO

DIA 4 DE MARZO EN PEDRA QUEIMADA AS 11 H.

DÍA 4 DE MARZO

SOFÁN - MALPICA

BUSCAR NO BLOG

Cargando...

domingo 22 de enero de 2012

CORCOESTO 1 - MALPICA 0

Partido xogado na mañán de hoxe con un tempo bastante bo, ainda que o campo estaba bastante encharcado polas chuvias caídas nestes días atrás, sobretodo na zona do centro do campo. Eso non foi obstáculo para os nosos rivais de hoxe, que se adaptaron e se adaptan perfectamente a este tipo de campos. Ou sexa, que tocou poñerse a traballar.










Porque o partido foi todo eso. Traballo constante dos dous equipos e non houbo dominador claro. As ocasións foron escasas. O empate seguramente faría xustiza ao que se viu hoxe no campo. Nós puxemos en punta a Fran que o tentou todo, con bastantes balóns centrados desde as bandas, pero resbalaba moito a hora de definir as xogadas. Quen non resbalou e o fixo moi ben foi o seu nº 21, Rama, que colleu un balón no borde da área grande e, despois de facer un amago de tiro finalmente disparou cruzado para poñer o 1-0 no marcador.










Hoxe seguramente era o día para que non faltase a pelexa de A Galerna. Seguramente teríamos mais opcións. Quen o tentou na segunda mitade foi Mutio. Xa o tentou co pitido inicial disparando desde o centro do campo pero volveu a tentalo mediado o segundo tempo e, canto creíamos (nós e eles) que iba gol o balón tocou no traveseiro e foise fora. Tamén tivemos outra moi boa nas botas de Ramón pero, cando todos estábamos prestos a canta-lo gol, o seu tiro saiu pegadiño a cepa do poste. O Corcoesto tivo a segunda ocasión de gol casi que chegado o final do partido nunha escapada de Jano que tirou as mans de Nacho cando estaba en posición inmellorable para marcar.

Arbitrou Rama e, como o está facendo últimamente, non se lle complica moito a arbitraxe. Bastante comedido anda o trencilla e, ainda que algún xogador buscoulle problemas, non andivo desatinado (non, nós non tiñamos a Lancha hoxe e eso tamén axuda neste tema).

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

SI NON PODES VE-LAS IMÁXENES DESTE BLOG CORRECTAMENTE PROBA A ...

(ca tecnoloxía de "¡aparta can de ahí!")
-

CARNAVALES 2012 : CHIRIGOTAS DE CADIZ - NA FINAL

VIAXE CARA AS ILLAS SISARGAS

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitos según a visión personal dun dos administradores do blog, xogador do Malpica co nº 20. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍA é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRACIAS.