Si no partido de ida en Carballo non habíamos merecido perder contra este mesmo equipo (xa que si houberamos tido porteiro como era debido seguramente non perderíamos), hoxe tampouco o resultado final fixo xustiza ao que se viu no campo de fútbol.
A primeira parte foi de dominio alterno, é decir, que os dous equipos dedicáronse a desfacer o xogo do contrario antes que a crear. Marcamos por medio de A Galerna, que aproveitou a tres minutos do descanso un rechace en longo da nosa defensa e disparou raso. Non nos deu moito tempo a alegrarnos porque un minuto despois Roberto recolleu un balón en franca posición, dubidou un pouco porque todos vimos que estaba en clara posición de fora de xogo, e, sin resistencia de ninguén, marcou o empate.


Na segunda parte seguiu sendo un partido apretado, con moi poucas ocasións de gol. No minuto sesenta e sete un balón que chegou a A Galerna, seguiu disputando o balón casi hasta a línea de fondo e cruzou o balón desde alí marcando un bo gol. E eles tiveron outra moi boa con un forte disparo e, con Nacho batido, pegou o balón no traveseiro, botando a escasa distancia da línea de gol.
Non nos gustou Juan arbitrando. Aparte de concede-lo gol rival en fora de xogo (chegounos a decir que errara) éste foi un partido casi que non tivo entradas de ningún tipo. Pero sí protestas dos xogadores. E este árbitro non aguanta queixas. Sancionou con tarxeta amarela a Mutio e a Lancha mais con unha doble tarxeta amarela a Alberto que nos deixou con dez xogadores e casi que uns vintecinco minutos de xogo por diante. Ou sexa, que esta vez tocou defendernos con uñas e dentes.
Deberíamoslle agradecer que alguén veña ao campo a arbitrar, que non é fácil. Pero tampouco se debera esconder detrás dunha tarxeta para esconder as súas miserias. El é único que cobra polo que é o que ten que impartir xustiza basada nuns criterios e nunhas regras escritas que supostamente o coñecemento das mesmas lle dan "dereito" a cobrar; pero polo visto, si alguén dubída da súa "benevolencia arbitral": ¡Tarxeta que te criou! e como fales "pa caseta"
ResponderEliminarEn fin! Ao final xa non nos colle de sorpresa a ningún equipo e sempre hai que contar con estas continxencias.....
Hai de todo en canto a arbitraxes, e moita da culpa é nosa de que nos saian tan "asilvestrados" ou resabiados, porque teñen que escoitar cada contestación que tira para atrás. Dito esto, tamén os hai moi sibilinos e de guante blanco. Pero a fin de contas temos que tratar de non perder a perspectiva de a que nivel xogamos (aínda que haxa quen o tome moi a peito, nin que cobrara por partido...) e de que o principal e pasar un bo anaco entre amigos.
ResponderEliminartotalmente de acordo cos dous comentarios. esto é un pasatempo e nós a veces somos moi difíciles de aguantar, ainda mesmo entre compañeiros. dito esto, o que non entendo é que haia unha doble tarxeta amarela que expulse ao xogador por este motivo, soamente a protesta, sin chamar nomes, sólo ca pataleta. ollo que o digo despois de haber gañado o encontro (igual si perdésemos dirían que somos malos perdedores). en fin,...
ResponderEliminarse tes unha targeta polo que sea,tes que calar por ke a prosima sales pa fora,eso non e o problema o conto cos ke quedan no campo teñen ke correr un pouco mais,,,,e o do longueiro ke xa estaba batido.....tokeille cas puntas dos dedos.tamen foi o que fixen en todo partido
ResponderEliminar