DÍA 18 DE MARZO

DIA 18 DE MARZO EN PEDRA QUEIMADA

DÍA 18 DE MARZO

MALPICA-CAMELLE

BUSCAR NO BLOG

Cargando...

domingo 15 de enero de 2012

MALPICA 2 - CORME 0

Mañán bastante aceptable para xogar ainda que algo fría.










O partido foi bastante disputado pero non abundaron as ocasións de gol. Na primeira parte acabamos co marcador definitivo, 2-0. Pudo ser diferente si Luis pitara un penalty a favor do Corme cometido por Luis sobre Angel. Para os dous Luis, xogador e árbitro, non o foi, pero aos demais xogadores que estábamos sobre o campo sonounos (e digo ben porque oiuse en todo o campo) a patada dada.
Aproveitamos ben a nosa primeira ocasión clara : Luis non se da por vencido nun balón que parecía iba a controlar un dos centrales cormeláns, arrebatalle o balón cerca da línea de fondo e da o pase da morte cara atrás donde Añón, no único positivo que fixo durante o partido (para que vexas que me atrevo a poñelo, Javier), tira raso e marca. E no minuto 40 Abel entra na área pelexando un balón controlado con Manolo, cae enrriba do esférico, facendo inútil os intentos da defensa para collelo, únese A Galerna a pelexa e o mesmo Abel, desfai o lío formado para empurra-lo balón as redes, con protestas do bando visitante.









Na segunda parte tentamos controla-lo xogo deixando pasa-los minutos, sin pasar grandes apuros. As forzas de ambos equipos xa non eran as mismas, o parón de tres semanas pasaba factura. E eles tiveron a ocasión de acortar distancias no minuto 94 cando, esta vez sí, Luis pitaba un penalty non cometido polo seu tocayo, e Angel Puñal tirou a un dos lados detendo ben Nacho.

A arbitraxe de Luis estivo condicionada polos penaltys comentados. Foron as únicas ocasións en que tivo algo de polémica, porque os xogadores do Corme estiveron recordándolle a omisión do primeiro deles durante toda a primeira parte. No resto estivo correcto.

5 comentarios:

  1. eu qreo q mon dou unha no clabo o arbitro,solo o penalti ultimo.....ai que reconocelo por que outro dia tocanos a nos,

    ResponderSuprimir
  2. en honor a verdad, non vin a xogada porque xa estaba nos vestiarios. Luis Naya díxome que o dianteiro, que corría cara a portería con él detrás, chocou na carreira ca parte de atrás da sua bota ca rodilla de Luis e caeu.

    ResponderSuprimir
  3. O 6 do Leiloio.Jan 16, 2012 12:13 PM

    O importante e empezar o ano puntuando e sin ter que acusar o "efecto polvorón", terrible plaga que se abate sobre case todos os futboleiros veteranos sobre destas datas. Grandísimo invento as equipacións elásticas, oiga...

    ResponderSuprimir
  4. nós acusamos o "efecto polvorón", o "efecto mantecado", o "efecto cava",... o que pasa é que aos do Corme acusaron o "efecto cea" que si non...

    ResponderSuprimir
    Respuestas
    1. e nos,,o malpica claro....nos tubemos o efecto,abel''''por que se non mete el ese goliño habianos ter habondo¡'¡'viva o efecto,,,,,,ja ja

      Suprimir

SI NON PODES VE-LAS IMÁXENES DESTE BLOG CORRECTAMENTE PROBA A ...

(ca tecnoloxía de "¡aparta can de ahí!")
-

VIBRACIÓNS : PACTO ENTRE CABALEIROS (JOAQUÍN SABINA)

VIAXE CARA AS ILLAS SISARGAS

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitos según a visión personal dun dos administradores do blog, xogador do Malpica co nº 20. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍA é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRACIAS.