FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 4 de decembro de 2016

VETERANOS: LEILOIO 2 - MALPICA 2















Veteranos de Malpica : Juan ; Chucho, Alberto de Carballo, Leo, José Regueira ; Arcay, Alberto de Barizo, Mutio, Luis; Bernardo e Nacho. Tamén xogaron Abel, Bugallo, Joshua e Victor. 

Partido xogado nunha mañán con temperatura moi agradable e abundante sol. O resultado do partido pode catalogarse como xusto por ambas partes xa que foi un partido moi disputado e donde os dous equipos contaron con opcións.

Na primeira mitade houbo oportunidades de achegamento equiparables para cada equipo. O Leiloio adiantouse por medio do seu dianteiro mais perigroso, Marco. No min. 30 un balón desde a dereita chegou as inmediacións de Chucho, que dubidou en darlle de cabeza e o portugúes, mais acertado, pelexouno recollendo o rechace e marcando. 

Uns minutos despois, no min. 34, un centro desde a dereita do ataque achégase a zoa esquerda da portería donde estaba Luis que, en franca posición pero bastante cegado por ter o sol de frente, non acerta a conectar o cabezazo. O balón foi a córner. E nese córner sacado desde a esquerda, esta vez sí, chegaba a pelota a cabeza de Luis que establecía o empate. De ahí ata o descanso houbo unha oportunidade para cada equipo. Joshua meteu moi ben un balón entre líneas para a carreira de Arcay e o tiro cruzado do número 7 foi brilantemente despexado a córner por Cañarte. E casi no remate, unha falta a favor do Leiloio lanzouna Luis obrigando a Juan a facer un paradón casi na escadra dereita da nosa portería.

Na segunda mitade o xogo xa se facía mais no campo do Leiloio. mentras que o equipo rival confiaba o seu ataque as escapadas de Marco. No min. 73, marcha desde a esquerda, en posición para nós dubidosa de fora de xogo, e cruza o balón diante da saida de Juan. Tivemos a sorte de empatar un minuto despois cando quedou un balón morto a pés de Victor, que lanza un tiro imparable para Cañarte. De ahí ata o final foron infructuosos os esforzos dos dous equipos por marcar pese a que houbo ocasións mais ou menos claras, nós con duas escapadas de Arcay polo extremo dereito e eles con outra ocasión na que Marco marchou só pero Alberto de Carballo chegou a tempo para despexar o perigro. 

Arbitrou Isidro. E fixo con suficiencia. Só unha tarxeta amarela a Leo en todo o partido. Nós só protestamos preto do final porque pedimos un libre indirecto na área rival por xogo perigroso, que o árbitro non concedeu. Fora de eso, non incidiu no resultado. 








Ningún comentario:

Publicar un comentario