FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 8 de xaneiro de 2017

VETERANOS DP. CARBALLO 3 - MALPICA 1


























O partido acabou con resultado de 3-1 favorable ó Dp. Carballo. Según a acta arbitral o resultado e goles foron así:

1-0 (min. 6)  José A. Rey.
1-1 (min. 19) Mutio.
2-1 (min. 53) José C.M. Rodríguez.
2-2 (min. 57) Nacho.
3-2 (min. 80) Andrés C. Pose.

Con decir que no min. 10 xa perdíamos por 2-0 e que o noso primeiro gol foi na segunda parte, xogando con nove xogadores únicamente, está todo dito. Creemos que non se adapta para nada ó exposto na acta.

Árbitro: Goyeneche. Acabamos o partido con un lío campal (sin ter nada que ver nin meter no medio ó Dp. Carballo). Pero non vamos a abondar na cousa sino que vamos a recordar o que dixemos de este colexiado a única vez que nos pitou ata o momento (nesa ocasión as patadas levámolas nós, nesta oportunidade nin patadas houbo, pero vale o mesmo):



Goyeneche non vale para esta liga de veteranos ainda que teña un bo historial como árbitro de rexional. Sí que tiña razón que non estamos nunha liga de infantiles e si nós sacamos oito veces mal os foras de banda o ten que pitar. Pero ten erros de bulto moi graves e, cando protestas, o único recurso que sabe é mostrar a amarela. Para mostra un botón: falta ao noso favor por un cabezazo sobre Marcelino que non pita. Marcelino e un xogador soneirán quedan tirados no chan. Entra Dourado para atender ao xogador e, cando acaba, antes de sair do campo Goyeneche manda seguir o xogo. Bugallo reclámalle que non se pode seguir con Dourado no campo e lévase unha amarela. Ou cando Leo lle di que é moi malo, él entende que foi Marcelino e sácalle amarela. Cando Leo aclaralle o seu erro, tamén tarxeta amarela para él (é raro, pero tivemos dous xogadores con amarela pola mesma situación). Así, por tonterías levamos as sancións. E si fora polo noso comportamento, vale. Pero pola actitude individual do colexiado, como que non. Aparte nun partido donde as patadas e fortes entradas sólo as recibimos nós, non nos parece de recibo que os rivales acabaran con catro amarelas (en todo o partido) e nós con seis sólo nun tempo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario