FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 19 de marzo de 2017

VETERANOS : MALPICA 2 - CABANA 3


Mañán con 11 grados e tempo nuboso e desapacible para a práctica do fútbol. O noso equipo con dezaseis efectivos, ainda que con un par deles que se incorporaron tarde. Mais tivemos ausencias importantes (Cani, Carlos e Pedro amén dos lesionados Alberto de Seaia, Juan e Marco). Os de Cabana presentáronse co mesmo número de xogadores, ca ausencia notable do seu goleador Iván Cancela entre outros.

Veteranos de Malpica: Bugallo; Luis, Chucho, Mutio, Bernardo; Javi, Alberto de Barizo, Victor, Joshua, Arcay; Nacho. Tamén xogaron Abel, Alberto de Carballo, José Regueira, Leo e Wash.
























Pouco hai que contar ainda que foi moito o que se xogou. O noso mister Alberto de Seaia (en ausencia de Dourado) viu enseguida a clave e preferiu que xogásemos cerradiños atrás, cas líneas moi xuntas, e só Nacho en punta para montar os contragolpes, sobretodo condicionados por non ter a Cani e poñer a Bernardo no lateral esquerdo. E así xogamos todo o partido, dandolle que facer ó Cabana, nun partido de brega, sin concesións pero tamén sin dureza.

O comenzo non parecía para nada darnos a razón. Marcaron os nosos rivais no seu primeiro achegamento. Falta lonxana  a altura do banquillo cabanés e centro medido a área, donde Eduardo cabeceou sin demasiada forza, pero o balón botou diante de Bugallo, que xa se había tirado e viu coma o balón pasaba por enriba. Pero pudemos remontar con dous goles seguidos de Nacho. O primeiro cando o defensa pretendía ceder ó seu porteiro pero o balón non levou a forza debida e Nacho correu interpoñéndose e desviando sobre a saida de Mato. E pouco despois un balón a espalda da defensa foi perseguido de novo por Nacho, que tirou e o balón que Mato despexou voltou a dar no noso dianteiro e marchar cara portería.
De ahí ó descanso parecía que ibamos a marchar con ventaxa. Pero apareceu o erro de Isidro. Nun balón que o dianteiro cabanés levaba cara a portería desde o vértice esquerdo da área grande, apareceu Luis e meteu o pé despexando cara córner e, posteriormente, dándolle a perna do dianteiro. Non era penalti para nada, incluso os cabaneses non reclamaron. Pero Isidro pitou penalti e Carlos non desaproveitou a ocasión para empatar. 






















A segunda mitade tamén foi de pelexa e xogo repartido, sin achegamentos as áreas. Pero voltaron a marcar os cabaneses. Nun balón enviado a nosa área corrían Leo mais Marcos. Éste mete o brazo sobre a espalda de Leo e derribouno, sin que Isidro quixera ver nada punible, marcando porteriormente o 2-3. Xa nada se pudo facer por levantar ese resultado.

Isidro foi determinante no resultado. Parece mentira que un xogador tan bó como él foi no fútbol aficionado cometera ese erro no penalti, mais propio de un trencilla que nunca xogara ó fútbol. Non vale de nada seguir as xogadas de preto si non se observan as caídas que son sancionables e as que non o son.

Ningún comentario:

Publicar un comentario