FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 23 de abril de 2017

LIGA DA COSTA: PORTEÑO 4 - MALPICA 1














Árbitro : Naim Juncal García. Un neno arbitrando un partido de grandes. E notouse. Pero tivo importancia relativa porque o Malpica non se xogaba nada. Ainda así, o equipo malpicán acabou con catro cartóns amarelos e bastante desquiciado ca sua labor.

Goles: 1-0 (min. 12) Jorge Velo.
          1-1 (min. 29) Álex Marquez.
          2-1 (min. 60) Jorge Velo.
          3-1 (min. 67) Jorge Velo.
          4-1 (min. 89) Porto.

Repi, (Adestrador do SCD Malpica) : "A pesar das numerosas baixas que tivemos, sobre todo sin ningún dianteiro especifico, non xustifica o peor partido que fixemos do ano, con falta de tensión, actitude e gañas para xogar un partido contra un equipo que se xogaba moito e notouse só cas ganas que tiñan. Nós somos un equipo moi limitado en moitos aspectos e se non xogamos o máximo de concentración e de tensión non lle ganamos a nadie, sufrimos moitísimo. A  mín non me gusta que nos entrenamentos se relaxe nadie, para canto máis nun partido e que che metan catro. Moi decepcionado ca imaxe que demos". 

Sergio Varela, (Adestrador do Porteño CF) : "Partido moi disputado, onde empezamos moi forte, tendo varias oportunidades pero non quixeron entrar. Ata que chegou unha boa xogada de Quilmes, que lle pasou o balón a Jorge e puso o 1-0. Seguimos controlando o xogo, pero nun corner meteronnos o 1-1. Xa na segunda parte, un pase fantástico de Roi deixou a Jorge para meter 2-1. Logo dese gol, o partido xa foi totalmente noso e conseguimos ampliar o marcador con un hadtrick de Jorge. Xa cara o final do encontro, chegou o cuarto de Porto, con dedicatoria para o cumpreañero Oli. Moi boa victoria para seguir loitando pola permanencia".

(Publicado na páxina web "Piratas de Muxía")

Ningún comentario:

Publicar un comentario