FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 16 de abril de 2017

VETERANOS : MALPICA 3 - BAIO 5







Veteranos de Malpica: Bugallo; Luis, Chucho, Cani, Carlos; Arcay, Mutio, Alberto de Carballo, Joshua; Bernardo e Nacho. Tamén xogaron Abel, José Regueira, Leo, Pedro e Wash.

Mañán clara, con 13 graos de temperatura ó inicio. Enfrente tivemos ó Baio, equipo do noso amigo Suso, con xogadores veteranos e experimentados. Chegaron ós catorce efectivos.

A quen se lle diga coma son os partidos. Chegamos a estar 2-0, con goles de Nacho, nos minutos 7 e 11 (éste con bastante sorte). Aparte de fallar outras tres moi claras diante de Rama, xogador no posto circunstancial de porteiro, que o fixo moi ben. Pero entraron os cinco cambios e isto tivo incidencia no xogo. Pasamos a xogar pior. E o Baio pasou de defenderse a virse arriba. Empataron antes do descanso con dous goles de Pablo Sousa (e calcando o que fixeramos nós, o segundo con sorte). 

Nada facía presaxiar o desenlace do partido. Incluso pudemos voltar a adiantarnos cando Arcay lanzou o balón desde a dereita e estrelouno no poste esquerdo da portería do Baio e, no rechace, nin Nacho nin Bernardo acertaron a rematar a gol.  Pero nunha sorte calcada a ésta no min. 70, Pablo Sousa quedou só diante de Bugallo, lanzou cruzado, o balón petou no pao dereito da nosa portería e a pelota rechazada paseouse pola línea de meta, sendo remachada polo dianteiro. Fixo dano o gol porque foi acompañado de outros dous mais, nos minutos 75 (outro de Pablo Sousa) e 77 (de Juan). E, ainda que Nacho meteu o 3-5 e quedaban doce minutos mais, xa non pudemos meter ningún outro gol, con unha última ocasión moi clara nosa, con balón ó longueiro, no intre final.

Arbitrou Iván. Lévase ben cos dous equipos e o partido transcurriu prácticamente sin incidentes relevantes. Sí é verdade que mantense bastante estático no medio do campo, o cual é problemático a hora de sinalar foras de xogo. Pero non foi para nada determinante no resultado. Gañou o equipo que mais acertou diante da portería contraria.



Ningún comentario:

Publicar un comentario