FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

xoves, 31 de agosto de 2017

ENCONTRO HOMENAXE (EMPEZAMOS A TEMPORADA 2017-2018)

Este primer domingo de Setembro, as 10,30 h. da mañán,  temos unha celebración nos Veteranos de Malpica. Empezamos a nosa temporada número quince. E para celebralo e dar por inaugurada a nova sesión, programamos un partido moi especial. Xogará o equipo que formará nesta liga, reforzado con xente que tamén estivo no noso equipo nalgún momento da nosa historia e que non quere perderse esta cita. Frente a eles, formarán os Veteranos de Malpica que mais vestiron a camiseta, co dorsal que os identificou. O cuadro de honor do noso equipo formano os siguintes xogadores:

1- Manolito ; 2- Marco Posiño ; 3- Alberto de Barizo ; 4 - Fino ; 5 - Luis ; 6 - Alberto de Seaia ;                7 - Castriño ; 8 - Dourado ; 9 - Esmorís ; Ó 10 nomearémolo aparte ; 11 - Alfeirán ; 12 - Tino ;            13 - Martuxa ; 14 - Jose Luis ; 15 - Carlos ; 16 - Santi ; 17 - Fernando ; 18 - Suso ; 19 - Mutio ;            20 - Wash ; 21 - Lancha ; 22 - Ramón Angel ; 23 - Abel ; 24 - Almóvil ; 25 - José Regueira.



















Casi todos vestiron e vestirán a camiseta, polo menos uns seis anos. A lista añadíronse os dous sponsors que puxeron equipacións, o número 14, Jose Luis (de Transportes Pedro Pombo, fundamental a sua labor, tanto en poñer as camisetas como en facer servicio de transportes nos nosos amistosos e viaxes agrupativos, e sempre aberto a novas iniciativas) e o número 2, Marco Posiño (que xa puxo unha equipación na temporada 2007-2008 e poñerá unha segunda equipación para a temporada que comenza , aparte de poñer o seu gran de area coma xogador). Tamén están os entrenadores que, aparte de Dourado, estiveron ó cargo do equipo: o número 13, Martuxa (que tamén xogou con ese número) e o número 16, Santi, que foi o primeiro entrenador que tivemos e levounos a conquista do título de liga na temporada inicial.

Posteriormente ó partido, teremos unha comida sinxela, a que acudiremos todos os que estivemos no campo e podamos asistir.



A lista ten un nome propio que queremos resaltar aparte. O do número 10, Jesús Chouciño Pose, Chucho Canido, que agora pasa a retaguardia e ó que queremos homenaxear. Un home que pasa dos sesenta e que estivo con nós todas as temporadas, sin fallar a ningún partido. Un home que é exemplo para todos os veteranos así como para a xente xoven, compañeiro de todos os que vestimos esta camiseta, e con mais gañas de xogar que ninguén.

Ningún comentario:

Publicar un comentario