Partido xogado con mal tempo. Xogamos a continuación dos cadetes (que empezaron as 10,30 h.), co cual a hora de empece foi a das 12,10 do mediodía e abreviamos o descanso para terminar a unha hora decente. Apareceron bastantes xogadores, cousa de agradecer.
Veteranos de Malpica : Suso Malpica; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, José; Carlos, Mutio, Alberto de Barizo, Luis; Cancela e Bernardo. Tamén xogaron Abel, Arcay, Chaves, Joshua e Leo.
Partido de locos. Durante os primeiros vintacinco minutos, ó Sofán saliulles o mesmo partido que a nós o anterior domingo contra o Corme, tiveron tres oportunidades moi claras e duas acabaron en gol. O primeiro, obra de Jose A. Fieira, que entrou sólo na parte dereita da área pequena, e diante da saida de Suso Malpica mandoulle un balón baixo pola sua dereita. O segundo, tras un tiro inapelable desde a esquerda con moi bo rexeite do noso porteiro, chegou a pés de Jano, que conectou un moi bo tiro que entrou preto da escadra esquerda da nosa meta.
No campo, neses intres, mandaba o Sofán. Agustín volvía locos os nosos defensas e parecía que o noso equipo non arrancaba. Pero, nunha xogada aparentemente sin moita transcendencia na parte esquerda do ataque, Mutio é derribado de unha patada cando entraba na área. O noso capitán, ainda renqueante, dirixiuse cara o punto de penalti e marcou o 1-2, con tempo para lograr algo antes do descanso. E pouco despois, o balón chegou a parte esquerda cara Arcay, que entrou na área e rematou a dereita da saida do porteiro. O noso "eterno xuvenil" Abel estaba só no segundo pao e empuxou o balón para facer o empate. Xogada que o equipo rival reclamou como fora de xogo. Para nós, había un defensa baixo dos paos mais é moi dudoso que Abel non entrara desde atrás.
Habíamos feito o que non parecía posible. E mais tiñamos a sensación de que ó Sofán se lle acabara o combustible. E tan pronto empezamos a segunda parte, no min. 48, Alberto de Barizo mandou un balón perfecto cara a saida ó contrataque de Joshua, que marchou só cara porta e, cando lle saiu Oscar, elevou o balón con suavidade e moita clase por enriba do porteiro.
Xa mandábamos no marcador, e de ahí ó final, ca defensa do Sofán adiantada no centro do campo, foi o momento de Arcay. Marcou tres goles mais, con diferente factura, sorteando defensas, rompendo o fora de xogo e regateando ó porteiro mais, por último, collendo un balón no vértice esquerdo da área grande, regateando ó defensa cara a dereita e mandando un trallazo a escadra dereita da portería.
Bastante bo partido o arbitrado por Rives. Tamén é de agradecer que un home que vive lonxe teña a pacencia que demostrou, sendo o partido tan a deshora para él, ainda que cobre a arbitraxe. No tema arbitral, é un home que ten un criterio e non lle importa departilo cos xogadores educadamente. Sólo houbo unha polémica, a do segundo gol noso, porque na dos fora de xogo que lles reclamaron ambos equipos, viuse ben desde os banquillos que pitou certeramente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario