FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 20 de xaneiro de 2019

VETERANOS DE MALPICA 4 - VETERANOS DE FISTERRA 2



Non fixo mal tempo para xogar, a chuvia respetounos porque apenas apareceu, pese a cantidade de nubarróns que andaban polo lado do campo. 

Non xuntamos tantos efectivos como a semana pasada (20), hoxe eramos 15 xogadores na cita. Polo outro lado, tampouco o Fisterra trouxo moitos xogadores (13), con algunhas ausencias relevantes.

Veteranos de Malpica: Chaves; Nando, Alberto de Carballo, Alberto Choiva, Pedro; Tone, Alberto de Barizo, Mutio, Negro; Arcay e Palermo. Despois entraron Luis, Leo, Abel e Wash.











Min. 1: Un balón en profundidade chegou en moi boas condicións a un dianteiro fisterrán, saindo Chaves para cortar. O despexe foi frouxo, indo ó balón cara a posición de Perlón, que desde o interior dereito tirou en parábola, ca gran fortuna para nós de que o balón foi dar no pao esquerdo e o rexeite foi rematado por outro dos atacantes en pelexa con Alberto de Carballo , saindo alto.
Min. 10 (1-0) : Mutio asiste a Negro en tres cuartos de campo, que non o dubidou e tirou bombeado. Un pouco ca axuda do vento, o balón en parábola entrou preto da traveseiro, sin que Roberto pudese paralo.
Min. 12 : Rubén tampouco o dubidou moito e tirou desde lonxe contra a base do poste dereito, despexando ben  a córner Chaves.
Min. 15 (1-1) : Kiko recolleu un balón en moi boa posición e fusilou o empate.
Min. 16 (2-1) : Palermo foi por un balón enviado ó oco e mandouno lonxe do alcance da saída do porteiro.
Min. 30 : Arcay escapou só cara porta perseguido polos centrais fisterráns, e tirou forte pero moi centrado a posición donde estaba Roberto. Ainda así, éste rexeitou e chegou o balón a Palermo que tirou desviado.
Min. 39 : (3-1) : Arcay pelexou un balón cos rivais i escapou con él. Cando chegou preto do porteiro e quixo definir, o defensa trastabillouno e o árbitro pitou penalti. Tirou forte e centrado Palermo e marcou.
Min. 40 : Outro balón en profundidade ó que chegou Palermo. O porteiro saira en falso, e Palermo tirou, paseándose o balón en paralelo a portería.





















Min. 51 (4-1) : Brilante xogada de Mutio no mediocampo, zafándose de rivais, con asistencia perfecta cara o desmarque de Palermo, que lle gañou a carreira ó seu par e cruzou diante da saida de Roberto.
Min. 55 : Cabezazo de Perlón en boa posición, pero saiu desviado.
Min. 56 : O mesmo xogador recolleu un rexeite e tirou alto.
Min. 66 (4-2) : Isma recolleu un balón estando en moi boa posición e tirou colocado, fora do alcance de Chaves.
Min. 70 : O Fisterra pediu penalti nun encontronazo entre xogadores. O árbitro non o concedeu e desatou o cabreo de Piki (no banquillo), que perdeu os nervios e botouse a él. Señarís expulsouno, e, como o xogador non paraba de berrar,  detivo o partido e convocou unha reunión na caseta, cos delegados e capitáns. Piki calmou e pediu perdón, reanudándose despois de varios minutos a contenda, sin mais incidentes ata o final.

Arbitrou Carlos Señarís Balsa. Salvo as xogadas dos penaltis, non houbo nada que os xogadores tiveran que reprocharlle. Para nós, acertou nas duas xogadas e para os nosos rivais, evidentemente, non. O que sí sabemos, é que o xogador fisterrán ó que supostamente lle fixeron penalti, recoñeceu que non había sido. A ver que sanción caerá sobre o delegado e capitán fisterrán, posto que o incidente co trencilla reflexouse en acta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario