FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 5 de maio de 2019

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS SAN ROMÁN 6


Bo tempo na Pedra Queimada para recibir ó San Román, equipo que non foi campeón da División de Honra polo gol-averaxe e favorito nas quinielas finais para optar a gaña-la Copa. Moita diferencia de potencial i edade entre ambos equipos. Eles contan con xente que sabe xogar ó fútbol, con un ataque arriba (Mario Casal, Eloy Cabeza, Berti e David) moi efectivo. E tivemos sorte, porque só eran trece, faltándolle xente tamén moi boa. Mais equilibrada a primeira parte que a segunda, que foi totalmente deles.

Veteranos de Malpica: Suso Malpica; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, Pedro; Chaves, Alberto de Barizo, Alberto Choiva, Luis; Mutio e Leo. Despois xogarían tamén Palermo, Abel e Fernando.










:





Xogadas mais relevantes da primeira mitade :

Min. 7 : Deixada desde a dereita (o luar mais utilizado do ataque do S. Román) sobre Mario Casal, que tirou desviado.
Min. 15 (0-1) : Balón centrado desde a dereita sin aparente perigro. Tocou Alberto de Carballo de cabeza, e o balón chegou a Nando que, querendo despexar, mete un golazo en propia meta.
Min. 20 : Balón centrado desde a dereita. Berto empalmou de primeiras, saindo alto.
Min. 22 (0-2) : Centro desde a dereita. Saida en falso de Suso para despexar, adiantándoselle David, que cabeceou sobre a posición do noso gardameta e marcou.
Min. 29 : Mutio conseguiu levarse o balón nun cambio de ritmo, sobrepasando ó central. Tirou en boa posición, pero detivo moi ben Añón.
Min. 32 : Boa combinación da nosa dianteira, finalizando Luis diante de Añón. O meta rival despexou o balón a córner con unha man.
Min. 33 (1-2) : Sacou ese córner Mutio e Alberto de Carballo, ainda que o balón venlle algo a desmán, fai un escorzo e consigue rematar sin oposición a gol.
Min. 35 : Tiro impresionante de Mario Casal desde fora da área e paradón de Suso, tirándose a sua esquerda, na base do poste.
Min. 37 : Centro desde a dereita (dónde si non), entrando só desde atrás Mario Casal, que tirou as mans do noso porteiro.
Min. 44 : Tiro forte de David e desvío de Suso a córner.














Xogadas mais relevantes da segunda mitade : 

Min. 46 : Tiro de Alberto Choiva, detendo ben colocado Cotelo, sustituto de Añón.
Min. 57: Tirou Eloy Cabeza e parou ben Suso.
Min. 59 (1-3) : Cabeceou moi ben Eloy Cabeza, contra a base do poste. Suso, ainda que se estirou ben, non pudo facer nada por evitalo.
Min. 68 : Pisou mal e caeu Eloy Cabeza, en loita con Pedro. David Cancela pitou penalti, moi protestado. Tirouno Cambón, forte a dereita da portería, e despoxou lanzándose moi ben Suso.
Min. 70 (1-4) : Centro desde a esquerda e David cabeceou, salvando ben a saida de Suso.
Min. 76 (1-5) : Escapou Eloy Cabeza, para nós en clara posición de fora de xogo, i elevou sobre a saida de Suso.
Min. 86 (1-6) : David entrou co balón na área. Zafando da entrada de Alberto Carballo, marchouselle o balón cara a posición de Suso Zas, que pretendeu despexar. David meteu o pé e o balón rebotou, indo só cara a portería.

Boa arbitraxe de David Cancela. Moi ben colocado e con moi boa forma física. Só vimos dous posibles erros, no penalti pitado e no quinto gol do San Román. Non mostrou cartóns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario