FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 12 de maio de 2019

VETERANOS SAN ROMÁN 3 - VETERANOS DE MALPICA 3 (FINAL DE TEMPORADA PARA NÓS)


Mañá moi soleada e calurosa no Municipal de Laracha. Partido de trámite debido ao 1-6 que se rexistrou no partido de ida. O San Román xogou ca segunda equipación correspondendo ó mesmo xesto que tiveramos nós na Pedra Queimada. Antes de comenzar gardouse un minuto de silencio polo recente pasamento do colexiado coruñés D. Roberto Campos Candal, moi apreciado tamén no fútbol da costa.

Veteranos de Malpica: Suso Malpica; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, Alberto Choiva; Chaves, Alberto de Barizo, Mutio, Luis; Wash e Palermo. Despois xogarían tamén  Leo, Abel e Fernando.
























Unha primeira parte bastante igualada. Lamentar as lesións prematuras de Montero i Eloy Cabeza, as duas de xeonllo, que os deixaron fora de combate. Entrou no equipo rival Juan Maceiras, que non xogara no partido de ida, i que con Mario Casal pasaron a levar a batuta no centro do campo do San Román.. Empezaron gañando eles no min. 9, con gol de Victor, que entrou só pola dereita da área grande, librou a entrada dos nosos centrais e marcou a pracer. E puderon aumentar a renda nun contragolpe onde había maioría de atacantes, chegando o balón a Mario Casal. A oportuna aparición de Suso Zas salvounos de unha situación de gol moi clara. 

De ser o 0-2 pasou a ser o empate, no min. 28, nunha xogada en solitario de Palermo, que se desfixo de canto rival apareciulle ó paso, e chegou só diante de Cotelo, tirando a dereita do porteiro e marcando. E ata o descanso, tivemos duas ocasións claras mais para ir gañando: na primeira Mutio sacou unha falta por enriba da defensa. Iba a escuadra pero Cotelo luciuse e desviou a córner. E no min. 43, Palermo cabeceou un centro desde a dereita e o balón foi dar no longueiro da portería.

u
Na segunda mitade, aumentou o San Román a sua presión no noso campo. E marcaron dous goles por medio de Suso Abelenda (min. 66) e Jose Manuel Becerra (min. 68). Pero non nos demos por rendidos e o noso pichichi, como querendo dar a demostrar a tremenda inxusticia que se cometeu por non habelo convocado para a selección da costa (marcou 36 goles nos 24 partidos de liga), redondeou un triplete con outros dous goles marcados nos min. 80 e 89.



Arbitrou D. Manuel Rodríguez Vázquez. Non o coñecíamos pero agradou moito. No día onde recordamos ó finado Roberto Campos, a sua arbitraxe foi unha homenaxe perfecta a forma de facer que aquel tivo no seu día. Si hai que poñer un pero a sua labor, foi que nos tratou ós veteranos casi como nenos pequenos. Pero algúns lances do partido sí que demostraron que, a veces, somos moi infantís, entrando en piques tontos. Só mostrou un cartón amarelo por equipo (a Leo e Mario Casal, por unha disputa verbal que parecía que nunca iba a terminar).

Ningún comentario:

Publicar un comentario