FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 5 de xuño de 2022

ESTREA NA COPA : PONTECESO 0 - MALPICA 0 / OUTRA VEZ A LOTERÍA? DOS PENALTIS (0-3). CLASIFICADOS OS VETERANOS DE MALPICA

Día soleado no Pinguel. Os Veteranos de Ponteceso, con un montón de efectivos para xogar (dous equipos). Nós, en cuadro (doce efectivos) e algúns con problemas físicos. Unha proeza, vistas as circunstancias.
...................................................................
A sorte nosa neste partido foi que, ca ausencia por viaxe de Suso Malpica, Nacho (que estaría bastante mancado para xogar de campo) púxose na portería. E deixou amosado que temos dous grandísimos porteiros nos veteranos.
Ainda así, por moito que Nacho fixera na portería, o resto do equipo estivo perfecto. Xogando cas liñas xuntas e con un Diego inmenso para cortar canta iniciativa pontecesán quixera achegarse a nosa portería. Na primeira mitade, sin ocasións para os nosos rivais e nós tivemos a mellor con un remate de Carlos a saida de un córner, que pudo ser gol. Nembargantes xa se sabía que o Ponteceso iba a poñer toda a carne no asador na segunda mitade. E ocasións tiveron para levarse a eliminatoria. Pasaron a levar o control do xogo, entrando polas bandas. E ahí foi donde se viu a Nacho. Sobretodo nunha xogada que, por esvararse Fariña, quedoulle o balón en franquicia a Rey no punto de penalti, só diante de Nacho. Mais o noso gardameta non a deixou pasar e paroulla perfectamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario