FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 19 de outubro de 2025

VETERANOS DE SOFÁN 0 - VETERANOS DE MALPICA 2 (XORNADA 5)

Xa mudou o tempo. Moita auga. Pero a temperatura era moi agradable.
Veteranos de Malpica: Suso; Eloy, Fenosa, Alberto, Jorge; Álex, Charli, Marcos, Mutio, Lema; Richard. Xogarían tamén despois Luis e Miki. Poucos efectivos pero hoxe xogaron todos moi ben e non se notou esa falla.
Goles:
0-1 (Min. 50): Jorge, de fermosa chilena. 0-2 (Min. 64): Luis, de cabeza.
Partido mais igualado durante a primeira metade, cunha ocasión clara por equipo. A deles foi mais destacada, cando viron a Suso adiantado e lanzaron a distancia por enriba. Podía ser gol, pero Suso meteu a punta dos dedos e conseguiu desviar o xusto para que o balón dera no traveseiro.
A segunda metade foi mais de dominio noso. As primeiras de cambio lesionouse no Sofán Roberto Souto e notouse moito. Tivemos, aparte dos goles, varias ocasións claras de Lema, Richard e Miki. Pero nesas luciuse Iván. Aparte, xogouse moito mais no campo do Sofán que no noso.
Arbitrou D. Iván Guerra Domínguez. Rigoroso e metódico. Só amosou un cartón (merecido) a Fenosa e deixou no comezo do partido outro moi claro a Roberto Souto. Coma sempre, no cómputo xeral, moi ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario