FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 16 de novembro de 2025

VETERANOS DE MALPICA 2 - VETERANOS DE FISTERRA 0 (XORNADA 8)

Moita, moitísima auga. Campo totalmente encharcado e casi impracticable (condicionou moito o xogo).
Veteranos de Malpica: Suso; Eloy, Fenosa, Alberto, Jorge; Markitos, Mutio, Diego, Álex; Lema e Richard. Despois xogarían tamén Casqueiro, Luis, Manu, Nando, Pedro de Xoane e Sergio.
Goles:
1-0 (Min. 71) : Richard lanzou moi ben unha falta. O balón desviouno Sergio a porta cando quería despexalo. 2-0 (Min. 89): Richard, de penalti tras unha xogada persoal de Álex.
Cómo non pudemos ver todo o partido, pedimos axuda a varios xogadores, un por cada liña.
Suso viuno así: Básicamente, unha primeira parte sin apenas ocasións porque o campo estaba impracticable, con moito balón en largo, con unha única ocasión de Richard nun remate de cabeza que saiu fora por pouco. Na segunda mellorou o estado do campo i empezamos a tocar mais, conseguindo dominar ó Fisterra no seu campo. Ainda así, tiveron un par de man a man en dúas contras que puden sacar. O dominio fructificou en dous goles.
Alberto o viu así: Partido igualado marcado polo estado do campo. Mais pendentes todos de non fallar que de crear xogo. Nós eramos 17 i eles 12, que ó final acabouse notando nun campo tan pesado e que estase vendo na maioría dos partidos. Acabamos marcando e sentenciando ó final do partido. Poucas ocasións de gol. No min. 35 tivemos unha moi boa de Richard cabeceando un gran centro de Pedro de Xoane, mais un posible penalti por empurrón de Sergio cando o habían rebasado. Na segunda tamén houbo outro posible penalti por manos do defensor. Pero a clave do partido estivo en dúas paradas de Suso en xogadas man a man co dianteiro (a primeira con marcador a ceros e a segunda con marcador 1-0).
Así o viu Álex: Partido disputado con balóns directos, sen transición nin xogo combinativo. Oportunidades para os dous equipos. Resultado aberto ata que o seu central rematou en lugar de despexar. Logo foron ao ataque e pudemos facer o segundo.
Por último, Richard o define así: Partido moi disputado donde o campo estaba impracticable. Unha falta no lateral da área saqueina pechadiña, tocando en un deles (Sergio) e primer gol. Desde ahí dominamos. Ainda así, tiveron dous man a man, con Suso salvándonos coma sempre. No último intre, unha xogada pola dereita de Álex, meteme o balón e me fan penalti, transformando o 2-0.
Arbitrou D. Vitor Recarei Añón. Dín os xogadores sobre él: Volveunos tolos con un criterio cambiante , que despois quere xustificar con explicacións. Non tivo un bo día, deixaba xogar sin pitar faltas claras. Para o noso equipo non quixo pitar dous penaltis. Tamén houbo un pique entre Sergio e Richard, que non quixo castigar con tarxetas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio