FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 30 de novembro de 2025

VETERANOS MALPICA 3 - VETERANOS DP. CARBALLO 1 (XORNADA 10)

O que son as cousas. Si tocara o tempo do sábado probablemente dedicaramos esta mañá a "natación" na Pedra Queimada en lugar de fútbol. Pero hoxe tivemos un tempo formidable, cunha temperatura e un ceo descuberto primaveral, sen vento.
Veteranos de Malpica: Eloy; Nando, Fenosa, Diego, Jorge; Luis, Álex, Mutio, Charli; Lema e Richard. Tamén xogarían despois Casqueiro, Leo, Manu, Marco, Marcos, Markitos e Sergio. Tamén viría Pedro de Xoane mais reservouse por unha pequena lesión e haber xente abonda. Seguimos tendo moita sorte en presencia de efectivos.
Goles:
1-0 (Min. 5): Richard. 2-0 (Min. 24): Richard.
2-1 (Min. 68): Yonathan. 3-1 (Min. 75): Mutio.
Partido bastante controlado pola nosa parte. Marcou Richard dous goles na primeira parte e sigue en sintonía co gol. Conseguimos que o Dp. Carballo xogase moi lonxe da nosa portería e, aparte diso, moita disputa no centro do campo pero sen ordenar o xogo. A entrada de Casqueiro deu mais sentido ao xogo pero o marcador tan favorable tamén decidiu que xogásemos mais relaxados.
Tan relaxados iamos que fallamos unha ocasión moi clara de todo o partido nun ataque de Richard que, en luar de definir cando estaba só diante de Rubén, deu unha asistencia magnífica a Lema, que cruzou demasiado o balón, saíndo fora por pouco. E, claro, despois de perdoar, foi o Dp. Carballo o que marcou gol. Volveu a tensión ó campo e xa nos botamos no campo rival. Roldaba o gol e conseguiuno Mutio nun centro-chut que foi dentro da portería. De aí ao final, un cuarto de hora bastante tranquilo.
Arbitrou D. Alberto Pombo Parga. Moi pasota. Aínda que non houbo malas patadas, si que houbo faltas e agarróns moi claros que non se pitaron. E recordábamos que pitar os fora de xogo non é o seu forte pero no gol do Dp. Carballo reclamamos ese fora de xogo no inicio da xogada que el non pitou.
E grazas aos tropezos de Cabana e Corme, estamos líderes en solitario. Con unha visita a Cabana no seguinte partido dentro de dúas semanas que vai clarificar bastante esa posición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación máis antiga Inicio