AVISO
As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.
Veteranos de Malpica: Suso; Nando, Fenosa, Alberto, Luis; Charli, Mutio, Álex, Chols; Nacho e Lema. Xogarían tamén despois Leo, Milli, Pedro de Malpica, Pedro de Xoane e Richard.
Goles:
0-1 (min.60): Richard.
Partido ben levado pola nosa parte e dominio malpicán durante gran parte do encontro.
Na primeira mitade sólo houbo tres oportunidades e foron nosas. No min. 4, tiro de Charli a base do pau esquerdo, parando ben Rubén Queijo; no min. 27, falta sacada por Mutio e remate de cabeza de Lema, tapando ben un defensa. Por último, no min. 34 tiro de Fenosa, saindo fora por moi pouco.
Na segunda mitade mais ocasións do noso equipo, pero o Sofán tivo unha das mais claras no min. 59 para adiantarse no marcador: perdeu un balón Fenosa que recuperou na banda esquerda Pensado e botou un centro medido ó corazón da área pequena donde estaba Campos que rematou de cabeza, enganando totalmente a Suso, mais o seu cabezazo saliu fora, cando todos creíamos que iba a ser gol. Fallou o Sofán, e no min. siguinte Lema asistiu a Richard, que escapou cara porta e zafou ben de Rubén, marcando o noso gol. A partires de ahí, tres oportunidades para nós e unha para os sofanistas. No min. 67, centro medido de Lema e Nacho, en boca de gol, rematou fora. No min. 76, Nacho non conseguiu rematar ben un balón pelexado por Lema, cando estaba en moi boa posición para facelo. No min. 83, nun balón enviado en largo desde a defensa sofanista, Buño fixo un escorzo no aire e consigue desviar, poñendo en apuros a Suso, pero saindo fora (foto 7). E, por último, no min. 90+2 Richard volveu a escaparse sólo, en moi boas condicións para marcar o segundo, pero primeiro Ruben rechazou e despois a defensa conseguiu chegar a tempo de evitar o gol (foto 10).
Arbitrou D. Alejandro Tato Gómez. Tardou en amosar as tarxetas, perdoandolle dúas moi claras ós sofanistas. Tampouco nos fiamos moito ambos equipos da súa arbitraxe desde lonxe da xogada. Era un partido moi doado para pasar desapercibido, pois os dous equipos amosaron bastante deportividade.