FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 1 de novembro de 2026

VETERANOS MALPICA 6 - VETERANOS SP. BÉRTOA 1 (XORNADA 7)

Tempo moi bo en Pedra Queimada. Algo de vento mais frío (despois da xeada nocturna). Pero desde logo impropio para estas datas.
Veteranos de Malpica: Eloy; Koki, Fenosa, Alberto, Jorge; Markitos, Charli, Mutio, Álex; Lema e Richard. Tamén xogaron despois Casqueiro, Diego, Luis, Marcos e Pedro de Xoane.
Goles:
0-1 (min. 11): Santi. 1-1 (min. 17): Charli. 2-1 (min. 27): Fenosa. 3-1 (min.33): Richard.
4-1 (min. 48): Lema. 5-1 (min. 73): Mutio. 6-1 (min. 76): Richard.
Na primeira metade xogou o Sp. Bértoa a favor de vento. Conseguiron adiantarse cando un rexeite en largo da defensa saíu en dirección a posición de Santi, que controlou e lanzou o balón xunto do poste dereito, lonxe do alcance de Eloy. Non puxemos nerviosos e démoslle volta ao marcador, con goles de Charli (de cabeza, en fora de xogo), Fenosa (cabezazo inapelable a saída dun saque de esquina) e Richard (recibindo unha boa asistencia de Lema e cruzando lonxe do porteiro). Non houbo mais ocasións relevantes, só un gol ben anulado a Jorge por falta ao defensa.
Na segunda parte xa marcamos o cuarto gol nos primeiros intres e todo foi rodado, con dous goles mais, cun rival que amosou debilidade defensiva e deu a entender porque é o pechacancelas desta liga, pero tampouco tivemos mais oportunidades. Os rivais tiveron unha nas botas de Raúl (o mellor home deles) que interceptou un mal pase de Eloy na saída, e, co noso porteiro fora da área, elevou o balón que saíu desviado cara a posición de Fenosa.
Arbitrou D. Pablo Rama Cotelo. Bastante ben, coma sempre. Ainda que hoxe relaxou a actitude e deixou de pitar algunhas faltas e fora de xogo cando o marcador xa era avultado. Tamén errou no noso primeiro gol, fora de xogo claro.