FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 27 de outubro de 2024

VETERANOS DE OZA 4 - VETERANOS DE MALPICA 3 (XORNADA 4)

Tempo espléndido en Sofán, con sol e pouco vento. O partido empezou con un cuarto de hora de retraso sobre a hora programada por retraso na chegada do colexiado.
Veteranos de Malpica: Suso; Milli, Diego, Fenosa, Marcos; Álex, Mutio, Chols, Sergio; Nacho e Lema. Despois xogarían tamén Carlos, Leo, Luis e Nando.
Goles:
1-0 (min. 22): Rubén. 1-1 (min. 23): Marcos.
2-1 (min. 52): Robin. 3-1 (min. 62): Robin. 4-1 (min. 76): Robin. 4-2 (min. 83): Carlos. 4-3 (min. 89): Fenosa.
..............................................................................................................................................................................................................
Partido cheo de despropósitos pola nosa parte, con moito descontrol, frente a un equipo xoven e rocoso que aproveitou ben os nosos regalos.
Terminamos a primeira mitade empatados pero xa o fallo noso no primeiro gol parecía presaxiar o vendaval de goles que recibimos na segunda.
Un hack-trick de Robin, aproveitándose dos fallos nosos (de todas as cores) puxo terra de por medio. Pero co 4-1, un gol inverosímil de Carlos nun centro-chut fixo que cercáramos a portería rival, marcando outro gol e dispoñendo de casi dez minutos para poder empatar, cousa que non conseguimos. Moito que cambiar para que podamos gañar partidos.
...............................................................................................................................................................................................................
Arbitrou D. Daniel Chouciño Facal. Tivo fallos de bulto. A nós pitounos dous fora de xogo moi discutibles mais non pitou, con 3-1 no marcador, un penalti clarísimo sobre Lema (nun derribo do defensor que non chegaba ó balón i él creiu que o defensa tocara e mandara o balón a córner). Eles reclamaron que a amarela de Mutio no min. 69 era bermella porque Robin iba sólo cara a portería.

Ningún comentario:

Publicar un comentario