Páxinas

domingo, 3 de novembro de 2024

VETERANOS DE MALPICA 5 - VETERANOS DE SOFÁN 1 (XORNADA 5)

Seguimos co tempo perfecto. Este fin de semana houbo bastante mellor tempo que a mais grande parte dos días do verán pasado. Antes de empezar o partido gardamos todos un minuto de silencio. A petición da federación veu polas desgrazas ocurridas na zona do Levante pero tamén veunos a memoria a desaparición durante a semana de Ramón Canedo Arcay.
.........................................................................................................................................................................................................................
Veteranos de Malpica: Suso; Nando, Alberto de Carballo, Fenosa, Marcos; Chols, Casqueiro, Dieguito; Richard, Nacho e Álex. Despois xogarían tamén Chaves, Leo, Milli e Pedro de Xoane. Debutaría no noso equipo Dieguito.
Goles:
1-0 (min. 6) : Richard.
2-0 (min. 50): Chols. 2-1 (min. 60): José Campos. 3-1 (min. 70): Richard. 4-1 (min. 80): Milli. 5-1 (min. 85): Richard.
.....................................................................................................................................................................................................................
Dous equipos con bastantes baixas pero, mentras nós tiñamos un equipo compensado, o Sofán non tiña ó seu porteiro Abellán (nin o seu defensa Roberto Souto, amén de outros mais) e tivo que poñerse baixo os paus Roberto Díaz que, pese a non ser o titular, fixo un par de paradas de moitísimo mérito.
.....................................................................................................................................................................................................................
O marcador non reflexa os problemas que chegamos a ter durante o partido. Todo iba ben ata o 2-0, ainda que perdoamos (e Roberto parou) ocasións moi claras para que fora mais amplio. Pero tan ben iba a cousa que nos relaxamos e deixamos crecer ó Sofán, que marcou o 2-1 e non pasou a empatarnos porque Suso fixo dúas paradas tamén de moito mérito. O baño de realidade deunos frontalmente e puxémonos as pilas. Marcamos o 3-1 e xa o resto foi doado para os nosos intereses, incluindo un hat-trick de Richard.
......................................................................................................................................................................................................................
Arbitrou D. Marcos Ordóñez Rodríguez. Fiel a súa tradición, correu dez kms. e pico durante o partido. Sólo vimos un erro destacable, pois o gol do Sofán foi en claro fora de xogo. Pero ese erro ainda se da tendo arbitraxe con linieres, para canto mais arbitrando unha persoa sóla. Amosou un cartón amarelo soamente durante este partido e foi bastante claro (ainda que o partido foi moi limpo por ambas partes).

Ningún comentario:

Publicar un comentario