FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 13 de abril de 2025

VETERANOS DE BUÑO 4 - VETERANOS DE MALPICA 0 (FINAL DA PROMOCIÓN DE ASCENSO)

Si xa nos dous partidos de semifinais tivemos bo tempo, o da final foi inmellorable. Sol en todo momento e ausencia de vento, parecía mais un día de verán que da época na que estamos.
Veteranos de Malpica: Nacho; Nando, Alberto, Marcos, Luis; Richard, Álex, Mutio, Charli, Chols; Lema. Despois xogarían tamén Casqueiro, Chaves, Leo, Manu, Pedro de Xoane e Sergio.
Goles:
1-0 (min. 10): Zinho. 2-0 (min. 35): Angel Casal. 3-0 (min. 36): Zinho.
4-0 (min. 68): Chapela.
Sólo faltou Fenosa con respecto ó equipo do domingo anterior. Pero o resultado foi totalmente diferente (incluso con respecto ó último partido de liga disputado contra os oleiros o 16 de Marzo, de 6-0 para nós). Esta vez o Buño pasounos literalmente por enriba, sobretodo nunha primeira parte de manual. Con un (Martín) Zinho en plan estelar. Non soubemos impoñer o noso xogo e, con dous goles en un minuto, o Buño solventou a final. Pero, aparte de esos tres goles da primeira mitade, os oleiros tiveron catro ocasións de gol mais (dúas de Lorenzo mais unha de Joaquín e outra de Angel Casal).
No descanso dixemos que non podíamos seguir así. Xa remontamos algún marcador así, pero ahí xogáramos bastante mais. Mais, a pesar de que a pelexa no centro do campo foi mais disputada, o Buño volveu a marcar e acabou cas nosas ganas. Tiveron incluso cinco ocasións mais, entre elas dous auténticos paradóns de Nacho. Nós, por contra, só tivemos unha de Richard e un despexe de Víctor Vilar que foi cara a cruceta da súa portería. Para o seu público foi toda unha delicia disfrutar da goleada, nun partido que non deixaba de ser un derbi. Tanta festa foi, que o entrenador do Buño deu entrada nos últimos minutos a Prosineki, un homenaxe moi merecido despois de todo o que tivo que aguantar na portería do equipo durante a temporada. Con esta merecida victoria, o Buño clasificouse para xogar a vindeira temporada en división de honra. Por unha vez impúxose a lóxica do torneo regular e pasou o terceiro da liga.
Arbitrou D. Alfonso Caamaño Blanco, axudado por dous linieres. É bastante lóxico que haxa linieres en unha final pero a verdade que un deles non se enterou de nada, todo un choio para os dianteiros oleiros . O segundo gol do Buño foi en fora de xogo claro e, despois dese gol, ainda deixou pasar outro do mesmo autor ainda mais claro. Nembargantes, o árbitro pasou desapercibido no medio desa festa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio