Páxinas

domingo, 6 de abril de 2025

VETERANOS DE MALPICA 2 - VETERANOS DE SOFÁN 0 (SEMIFINAL PROMOCIÓN ASCENSO // 3-0 NA ELIMINATORIA)

Moi bo tempo en Pedra Queimada. Mañá soleada con moita calor, o cal fixo acabar as existencias de auga para os xogadores.
Veteranos de Malpica: Nacho; Nando, Fenosa, Alberto, Luis; Richard, Charli, Mutio, Álex, Chols; Lema. Despois xogarían tamén Casqueiro, Chaves, Leo, Milli e Pedro de Xoane.
Goles
1-0 (min. 14): Charli.
2-0 (min. 82): Chols.
Pudemos pasar a final da promoción de ascenso nun partido non carente de incerteza, pois o Sofán vendeu cara a pel.
Nosos foron os primeiros 35 minutos. Xa no comenzo tivemos un par de córners a favor nos que o perigro rondou a portería do Sofán. Foi no terceiro córner donde Mutio centrou cara o segundo pau donde estaba Lema, que devolveu de cabeza ó centro, e Charli remachou a gol. O noso xogo de mediocampo era combinativo e non dábamos opcións. No 36, asistencia de Leo cara Chols, que rematou desviado. Pero a partires de ahí pasou o Sofán a domiñar ese centro do campo. Charli tivo que pasar ó eixo da defensa por lesión de Alberto e perdemos o control do xogo. No min. 37 Marrozos pudo empatar cando recibiu unha asistencia e, diante da saida de Nacho, elevou moi ben o balón que saiu moi preto do poste, cando todos espérabamos que fora gol. E no min. 43, de novo Marrozos recibiu un balón en moi boa posición, mais tirou alto.
No descanso non as tiñamos todas con nós porque non estábamos empatados de milagre. No min. 53 foi Lito Carracedo o que rematou un centro desde o córner, saindo alto por pouco (foto 6). A partires de ahí volvemos a ter o control do partido e as ocasións. No min. 61 Richard fíxose co balón en boa posición pero rematou alto. No min. 78, córner e cabezazo de Fenosa que saiu un pouco alto, cando tiña todo para ser gol (foto 8). Faltaba ese 2-0 que nos dese a tranquilidade e conseguiuno Chols no m. 82, cando se fixo co balón pelexando co defensa e tirou marcando. Xa pudemos descansar. No min. 90, doble oportunidade de gol clara para Richard e Milli. E no min. 90+2, córner e novo cabezazo de Fenosa. A última foi para eles, cando no min. 90+3 Roberto se fixo con un despexe de Nacho e tirou fora.
...........................................................................................................
Arbitrou D. Iván Guerra Domínguez. Seriedade e unha garantía de bó facer. Moi ben colocado, non deu opcións a polémicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario