FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 5 de outubro de 2025

VETERANOS DE CORME 3 - VETERANOS DE MALPICA 2 (XORNADA 3)

Mañá cun sol espléndido no Cairo. Temperatura moi agradable.
Veteranos de Malpica: Eloy ; Nando, Fenosa, Alberto, Jorge ; Markitos, Diego, Marco, Álex; Lema e Richard. Xogarían tamén despois Leo, Luis e Sergio. Moi poucos efectivos para as 24 fichas das que dispoñemos. Esperamos tempos mellores pero polo menos podemos presentar equipos moi compensados.
Goles:
0-1 (min. 5): Richard. 0-2 (min. 8): Lema. 1-2 (min. 24): Pablo Varela. 2-2 (min. 35): Vidal.
3-2 (min. 53): René.
Seguramente xogamos nos primeiros quince minutos o mellor fútbol no que vai de temporada. Marcamos dous bos goles pero puideron ser ata catro. Pero sucede o que nos pasa sempre aquí en Corme. Recibimos un gol evitable i o Corme empezou a apertar mais arriba. Empataron cun gol ilegal que o árbitro non puido percibir.
Na segunda metade marcaron o gol da vitoria no min. 53, nunha xogada ben pensada por Dieguito, con pase entre liñas a René, que bateu por baixo a Eloy. A partir de aí, pasamos nós a apertar e a encerrar os cormeláns no seu campo, con asedio continuo e ocasións moi claras para empatar, amén de dous penaltis que tampouco o árbitro entendeu como tales. Non merecíamos saír deste partido sen puntuar.
Non dubidamos do bo criterio para a arbitraxe de D. David Cancela García, parece un bo árbitro. Pero outra cousa é que non libre de fallos. O segundo gol do Corme vén precedido por unha man totalmente voluntaria de Vidal, que vimos todos no campo excepto el. E os penaltis da segunda metade sobre Markitos e Lema, para nós, son moi claros. Desexámoslle mellor tino cando volva a pitarnos nalgún partido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario