Páxinas

domingo, 9 de novembro de 2025

VETERANOS SP. BÉRTOA 1 - VETERANOS MALPICA 4 (XORNADA 7)

Tempo moi decente para a práctica do fútbol. As nubes tapaban o sol e a temperatura era moi agradable.
Veteranos de Malpica: Eloy; Nando, Fenosa, Alberto, Jorge; Markitos, Diego, Mutio, Álex; Lema e Richard. Tamén xogarían despois Casqueiro, Leo, Luis Naya, Manu, Marcos e Pedro de Xoane.
Goles:
1-0 (Min. 2): José Romero. 1-1 (Min. 10): Lema.
1-2 (Min. 75): Richard. 1-3 (Min. 80): Álex. 1-4 (Min. 82): Manu Abelenda.
Un gol por equipo nos primeiros dez minutos daban a entender que serían bastantes mais antes do descanso. Pero nós fallamos oportunidades moi claras, mais aínda que as que metemos na segunda parte.
E na continuación habería aínda mais fallos ata que Lema asistiu cara á entrada na área de Richard que puxo o gol da tranquilidade. A partires de aí dúas xogadas individuais de Álex e Manu (con fallo do porteiro). Hai que dicir que houbo bastante desfeita no xogo de ataque, non conseguimos coordinarnos ben. Todo iso contra un Sp. Bértoa, que desde o min. 55 quedou cun xogador menos, pero que se soubo mover ben.
Arbitrou D. David Brun Pintor. Bastante ben. Non tivo fallo na expulsión pois o xogador perdeu os nervios diante do árbitro. Non houbo mais xogadas conflitivas.
Agradecemos dúas das fotos (mais unha foto de equipo que publicaremos posteriormente) a Federico Blanco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario