FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 30 de novembro de 2025

VETERANOS MALPICA 3 - VETERANOS DP. CARBALLO 1 (XORNADA 10)

O que son as cousas. Si tocara o tempo do sábado probablemente dedicaramos esta mañá a "natación" na Pedra Queimada en lugar de fútbol. Pero hoxe tivemos un tempo formidable, cunha temperatura e un ceo descuberto primaveral, sen vento.
Veteranos de Malpica: Eloy; Nando, Fenosa, Diego, Jorge; Luis, Álex, Mutio, Charli; Lema e Richard. Tamén xogarían despois Casqueiro, Leo, Manu, Marco, Marcos, Markitos e Sergio. Tamén viría Pedro de Xoane mais reservouse por unha pequena lesión e haber xente abonda. Seguimos tendo moita sorte en presencia de efectivos.
Goles:
1-0 (Min. 5): Richard. 2-0 (Min. 24): Richard.
2-1 (Min. 68): Yonathan. 3-1 (Min. 75): Mutio.
Partido bastante controlado pola nosa parte. Marcou Richard dous goles na primeira parte e sigue en sintonía co gol. Conseguimos que o Dp. Carballo xogase moi lonxe da nosa portería e, aparte diso, moita disputa no centro do campo pero sen ordenar o xogo. A entrada de Casqueiro deu mais sentido ao xogo pero o marcador tan favorable tamén decidiu que xogásemos mais relaxados.
Tan relaxados iamos que fallamos unha ocasión moi clara de todo o partido nun ataque de Richard que, en luar de definir cando estaba só diante de Rubén, deu unha asistencia magnífica a Lema, que cruzou demasiado o balón, saíndo fora por pouco. E, claro, despois de perdoar, foi o Dp. Carballo o que marcou gol. Volveu a tensión ó campo e xa nos botamos no campo rival. Roldaba o gol e conseguiuno Mutio nun centro-chut que foi dentro da portería. De aí ao final, un cuarto de hora bastante tranquilo.
Arbitrou D. Alberto Pombo Parga. Moi pasota. Aínda que non houbo malas patadas, si que houbo faltas e agarróns moi claros que non se pitaron. E recordábamos que pitar os fora de xogo non é o seu forte pero no gol do Dp. Carballo reclamamos ese fora de xogo no inicio da xogada que el non pitou.
E grazas aos tropezos de Cabana e Corme, estamos líderes en solitario. Con unha visita a Cabana no seguinte partido dentro de dúas semanas que vai clarificar bastante esa posición.

domingo, 23 de novembro de 2025

VETERANOS DE LEILOIO 1 - VETERANOS DE MALPICA 4 (XORNADA 9)

Bastante auga no partido de hoxe. Pero non foi nada comparada ca que caeu despois de marchar das instalacións.
Veteranos de Malpica: Eloy; Nando, Fenosa, Alberto, Charli; Markitos, Diego, Mutio, Álex; Lema e Richard. Xogarían tamén despois : Carlos, Casqueiro, Luis, Pedro de Xoane e Sergio. Non o faría Jorge, xa que chegou iniciada a segunda parte. Moitos mais efectivos que o Leiloio, que presentou un equipo mais limitado en efectivos que levamos visto desde que hai liga, con ata seis baixas e dous cambios que quedaron en nada cas lesións.
Goles:
0-1 (Min. 24): Richard. 0-2 (Min. 29): Richard.
0-3 (Min. 71): Richard. 1-3 (Min. 90): Marco. 1-4 (Min. 91): Fenosa.
Aínda así pelexaron o indicible durante o partido. Nós na nosa liña, non demos un balón por perdido. Os dous porteiros estiveron moi ben hoxe. Adiantámonos no marcador por dúas veces grazas ó acerto de Richard. E ata o segundo gol tivemos as nosas ocasións. Pero despois de ese 0-2 baixamos o ritmo e iso deu lugar a que o Leiloio tivese ata tres ocasións moi claras para marcar gol. Na primeira o dianteiro driblou a Eloy e, cando xa esperábamos todos gol, o balón estrelouse no pau e o rexeite puidemos despexalo de milagre, cun segundo dianteiro que chegaba para empurrar. Na terceira estivo moi fino Eloy.
Voltaría a lucirse Eloy na primeira oportunidade da segunda parte. Non marcou o equipo rival, sí o fixemos nós (hat-trick de Richard) e puidemos aguantar con certa tranquilidade ata o derradeiro minuto, donde o Leiloio faría o gol da honra e nós o gol que redondeaba o resultado.
Arbitrou D. Manuel Espasandín Romar. Sempre son moi serias as súas arbitraxes. A nós anulounos dúas xogadas moi claras para marcar gol por fóra de xogo, mais claro nun caso que no outro. As tarxetas que amosou foron claras.
Ningún comentario:

domingo, 16 de novembro de 2025

VETERANOS DE MALPICA 2 - VETERANOS DE FISTERRA 0 (XORNADA 8)

Moita, moitísima auga. Campo totalmente encharcado e casi impracticable (condicionou moito o xogo).
Veteranos de Malpica: Suso; Eloy, Fenosa, Alberto, Jorge; Markitos, Mutio, Diego, Álex; Lema e Richard. Despois xogarían tamén Casqueiro, Luis, Manu, Nando, Pedro de Xoane e Sergio.
Goles:
1-0 (Min. 71) : Richard lanzou moi ben unha falta. O balón desviouno Sergio a porta cando quería despexalo. 2-0 (Min. 89): Richard, de penalti tras unha xogada persoal de Álex.
Cómo non pudemos ver todo o partido, pedimos axuda a varios xogadores, un por cada liña.
Suso viuno así: Básicamente, unha primeira parte sin apenas ocasións porque o campo estaba impracticable, con moito balón en largo, con unha única ocasión de Richard nun remate de cabeza que saiu fora por pouco. Na segunda mellorou o estado do campo i empezamos a tocar mais, conseguindo dominar ó Fisterra no seu campo. Ainda así, tiveron un par de man a man en dúas contras que puden sacar. O dominio fructificou en dous goles. Alberto o viu así: Partido igualado marcado polo estado do campo. Mais pendentes todos de non fallar que de crear xogo. Nós eramos 17 i eles 12, que ó final acabouse notando nun campo tan pesado e que estase vendo na maioría dos partidos. Acabamos marcando e sentenciando ó final do partido. Poucas ocasións de gol. No min. 35 tivemos unha moi boa de Richard cabeceando un gran centro de Pedro de Xoane, mais un posible penalti por empurrón de Sergio cando o habían rebasado. Na segunda tamén houbo outro posible penalti por manos do defensor. Pero a clave do partido estivo en dúas paradas de Suso en xogadas man a man co dianteiro (a primeira con marcador a ceros e a segunda con marcador 1-0). Así o viu Álex: Partido disputado con balóns directos, sen transición nin xogo combinativo. Oportunidades para os dous equipos. Resultado aberto ata que o seu central rematou en lugar de despexar. Logo foron ao ataque e pudemos facer o segundo. Por último, Richard o define así: Partido moi disputado donde o campo estaba impracticable. Unha falta no lateral da área saqueina pechadiña, tocando en un deles (Sergio) e primer gol. Desde ahí dominamos. Ainda así, tiveron dous man a man, con Suso salvándonos coma sempre. No último intre, unha xogada pola dereita de Álex, meteme o balón e me fan penalti, transformando o 2-0. Arbitrou D. Vitor Recarei Añón. Dín os xogadores sobre él: Volveunos tolos con un criterio cambiante , que despois quere xustificar con explicacións. Non tivo un bo día, deixaba xogar sin pitar faltas claras. Para o noso equipo non quixo pitar dous penaltis. Tamén houbo un pique entre Sergio e Richard, que non quixo castigar con tarxetas.
Ningún comentario:

domingo, 9 de novembro de 2025

VETERANOS SP. BÉRTOA 1 - VETERANOS MALPICA 4 (XORNADA 7)

Tempo moi decente para a práctica do fútbol. As nubes tapaban o sol e a temperatura era moi agradable.
Veteranos de Malpica: Eloy; Nando, Fenosa, Alberto, Jorge; Markitos, Diego, Mutio, Álex; Lema e Richard. Tamén xogarían despois Casqueiro, Leo, Luis Naya, Manu, Marcos e Pedro de Xoane.
Goles:
1-0 (Min. 2): José Romero. 1-1 (Min. 10): Lema.
1-2 (Min. 75): Richard. 1-3 (Min. 80): Álex. 1-4 (Min. 82): Manu Abelenda.
Un gol por equipo nos primeiros dez minutos daban a entender que serían bastantes mais antes do descanso. Pero nós fallamos oportunidades moi claras, mais aínda que as que metemos na segunda parte.
E na continuación habería aínda mais fallos ata que Lema asistiu cara á entrada na área de Richard que puxo o gol da tranquilidade. A partires de aí dúas xogadas individuais de Álex e Manu (con fallo do porteiro). Hai que dicir que houbo bastante desfeita no xogo de ataque, non conseguimos coordinarnos ben. Todo iso contra un Sp. Bértoa, que desde o min. 55 quedou cun xogador menos, pero que se soubo mover ben.
Arbitrou D. David Brun Pintor. Bastante ben. Non tivo fallo na expulsión pois o xogador perdeu os nervios diante do árbitro. Non houbo mais xogadas conflitivas. Agradecemos dúas das fotos (mais unha foto de equipo que publicaremos posteriormente) a Federico Blanco.
Ningún comentario:
Publicacións máis antigas Inicio