FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 25 de xaneiro de 2026

VETERANOS DE MAZARICOS 2 - VETERANOS DE MALPICA 3 (XORNADA 15)

Si non fora porque, aparte do frío (que era sabido que íamos aguantar), caeu un chuvasco nada mais empezar, o resto do tempo foi bastante pasable.
Veteranos de Malpica: Eloy; Nando, Fenosa, Alberto, Jorge; Álex, Diego, Mutio, Markitos; Lema e Richard. Xogarían tamén despois Luis, Manu e Sergio. Prantilla bastante xusta, menos mal que puido xogar Richard, o cal non era seguro despois de recaer na pubalxia a semana pasada.
Goles:
1-0 (Min. 13): Dani Picallo. 1-1 (Min. 37): Richard, de gol olímpico (foto 2).
1-2 (Min. 55): Fenosa. 1-3 (Min. 65): Richard. 2-3 (Min. 73): Ferreiro.
Partido moi competido, nun campo que axudaba a iso. O rival vai ser un dos xuíces desta temporada pois recibe e recibirá seguidos nos partidos da casa, aparte de nós, a Corme e A Piña. Comezamos perdendo nun contragolpe ben levado polo Mazaricos, onde Dani Picallo chegou antes que Eloy a un balón en largo, regateou e marcou a porta baldeira. Puideron marcar outro gol parecido o equipo rival pero o balón que botaron por enriba de Eloy saíu desviado. Pola nosa parte, tivemos dous tiros de Markitos que saíron un pouco desviados mais un tiro de Richard que non chegou a bo porto. Mais o que a sigue, a consigue: Richard botou un córner que, grazas a ir ben tirado e ao vento que axudaba, entrou como gol olímpico.
Na segunda metade, o xogo seguiu sendo repartido. Pero a maior parte das ocasións foron nosas. Primeiro marcou Fenosa, despois Richard marchou só cara porta pero non conseguiu marcar gol. Marcou na seguinte, cando volveu a marchar só cara porta. E ata o final, Richard tivo outra escapada en solitario, Jorge mais Lema estiveron a piques de marcar tamén. Pero foron eles, nun balón que mandaban como pase en profundidade que chegou a Eloy e, incomprensiblemente, enredouse tanto que pasou cara á portería sen que puidera frealo.
Arbitrou D. Manuel Castro Mouzo. Ben, mellor que a anterior vez que nos arbitrou, onde pasaba bastante do xogo. Seguiu o partido moi preto. Tivo problemas ao amosar dobre amarela a Markitos e a Ferreiro, xa que os de Mazaricos non entendían porque o seu xogador marchou expulsado (cando quen se rebotou foi Markitos). Si fixera caso o árbitro, complicaríase o partido porque, de expulsar só ao noso xogador, pasábamos a xogar con dez a falta dun cuarto de hora e un só gol de vantaxe.
Por último, dar as grazas ao Mazaricos pola organización do partido, incluído o terceiro tempo, cando tiveron todo a punto para que nós comésemos e bebésemos no mesmo bar que eles teñen para esas cousas. Así da gosto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación máis antiga Inicio