FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 18 de xaneiro de 2026

VETERANOS DE MALPICA 0 - VETERANOS DE CORME 2 (XORNADA 14)

Mañá despexada salvo algunha nube que soltou un pouco de orballo. Empezamos con 5º C. Pero non houbo queixa do tempo, bastante sol que foi subindo a temperatura. Gardamos un minuto de silencio polo falecemento de Jesús Porteiro (Suso, ex-xerente de Alabrasa), que tan ben nos tratou sempre que acudimos alí despois dos partidos xogados.
Veteranos de Malpica: Eloy; Nando, Fenosa, Alberto, Jorge; Markitos, Marcos, Mutio, Álex; Lema e Richard. Xogarían tamén despois Leo, Luis, Manu, Pedro de Xoane e Sergio.
Goles:
0-1 (Min. 52): Toniño. 0-2 (Min. 80): Toniño.
Grandes ausencias con respecto ao partido de liga anterior: Charli lesionado, Diego ausente e, sobretodo, a saída do equipo de Suso para defender a portería da SCD Malpica (que se notará mais porque Eloy, que podía xogar perfectamente de lateral, pasou a portería. Xa tiñamos tocadas a portería e as liñas defensiva e do centro do campo e, para maior desgraza, aos quince minutos caeu Richard por unha pubalxia. Con un partido bastante bo de todos, puidemos dar a talla e soamente uns erros individuais puideron con nós. O equipo rival, que xa presentara un gran once no partido de ida, sumou a incorporación de Adolfo, que é un dos que mais suma.
As escasas aproximacións de ataque que houbo na primeira parte tiveron mais cor visitante. Eles xogan moi ben ao fútbol. Pero o resultado non se moveu ata o descanso.
Na segunda parte marcaron eles nunha ocasión que nin sequera empezou como un ataque do Corme. Houbo saque de portería noso e Fenosa lanzou o balón mais baixo do que debería ser. Toniño atinou a cortar, pisou diante da saída de Fenosa e tirou, pasando o balón por debaixo do corpo de Eloy. Sete minutos despois puidemos empatar. Nun saque de esquina, o balón rexeitado por un defensa, chegou a Markitos que lanzou un trallazo e o balón saíu a rentes do pau. E o min. 80 o segundo dos erros. Nun balón que chegou a dereita do ataque cormelán, nunha posición que nós reclamamos como fora de xogo (de feito a defensa quedou parada), o árbitro non pitou e a asistencia cara ao medio foi claro a Eloy, mais o balón pasoulle por debaixo do corpo e quedou manso para que Toniño de novo marcara.
Arbitrou D. Diego Grille Landeira. Primeira vez para nós. Amosou criterio serio e dilixente para dirixir o partido. Iso non significa que non houbese queixas. Os de Corme queixábanse de todo-los fora de xogo pitados, ás veces moi claros e vistos por el nunha posición mais preto da xogada que desde a bancada. Curiosamente non se queixaron do fora de xogo que non pitou no segundo gol (comentario irónico). Puido amosar unha vermella en luar dunha amarela a Alejandro Santos pois cortou un contraataque que iniciaba Álex (para el había mais defensas que podían chegar, para nós bastante difícil) e, posteriormente, tamén puido levar cartón Alberto por cortar un contraataque con un golpe a un rival pero o árbitro nin falta pitou. Tamén Marcos, aparte do nocello desfeito, acabou ca cara feita un mapa por un golpe que pasou desapercibido para o colexiado (para o que deu e para Marcos non, claro).

Ningún comentario:

Publicar un comentario