FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 28 de setembro de 2008

CORISTANCO 4 - MALPICA 1


Partido moi mal xogado pola nosa parte tendo enfrente un equipo bastante técnico e peleón.

Na primeira parte empezamos bastante ben os primeiros dez minutos. Parecía que non ibamos a ter moitos problemas, pero en cinco minutos metéronnos dous goles. O primeiro foi un pase que rompiu ben o fora de xogo ainda que o xogador que o enviou a rede estaba nunha posición dubidosa. O segundo foi un balón perdido tontamente na defensa e o xogador do Coristanco a quén chegou mandou un bo tiro desde fora da área que entrou pegado a base do poste.

Na segunda parte empezamos a mover mais o balón. Ainda que o Coristanco foi cen por cen eficaz. Pasou duas veces do centro do campo e, sin achegarse a área, a primeira vez mandou un centro-chut que pasou por encima do meta Manolito (que non tivo o seu día) e a segunda vez tiraron colocado e, ainda que o porteiro logrou toca-lo balón, dou no poste e entrou. Na última media hora domiñou mais o Malpica, pero sólo se logrou o gol por medio de un penalty, no minuto 85 transformado por Javier Añón.
Os goleadores do Coristanco foron José Bertua, Juan Rodríguez, José García e José Rojo.
O árbitro foi Pepe Novo. Non tivo moitas complicacións ainda que houbo algunhas entradas duras. Anuloulle un gol ao Coristanco por fora de xogo xusto antes de chegar o 1-0 ,que entendemos foi legal Dámoslle un 1.