FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 19 de outubro de 2008

MALPICA 2 - SOFÁN 3




Partido moi mal xogado pola nosa parte. Casi que non quentamos antes do partido (o cual nos supuxo que as primeiras de cambio se lesionasen Manolo Almóbil e o seu sustituto Tino) e saimos moi dormidos ao partido. Na primeira mitade foi moi fácil para o Sofán marcarnos dous goles, o primeiro dos cuales contou coas facilidades que dou Manolito, que non tivo o seu día. Non soubemos meternos no partido e o Sofán seguiu domiñando o encontro. A segunda mitade principiou tal e como acabou a primera. O equipo rival meteu o terceiro e poido incluso amplia-lo resultado. Martuxa xogouse a última baza a desesperada e puxo unha defensa de tres, co que o Malpica empezou a domiñar o partido. Marcoú un golazo Carlos, empalmando de volea un centro desde a dereita e prácticamente no minuto final acortou o marcador Richard. Non houbo tempo para mais. Os goles do Sofán marcounos José Eiris e Agustín Viña (2).
En canto ao árbitro Añón non podemos decir que nos gusta cómo o fai. Falla en duas cousas: sigue o xogo desde moi lonxe (pita de oido, según reclamen mais uns ou os outros) e pita casi que todo en contra do equipo que non se conforma coa sua arbitraxe, como nos pasou a nos. Tamén pitou cando un compañeiro lle berraba a outro o clásico "deixama, miña,..." pero non pitaba cando un xogador rival lle decía o mesmo a algún dos nosos.Acertou, en cambio, ao poñerlle amarela tanto ao noso xogador Carlos como ao do Sofán ,Jose Manuel Ferreiro, porque xa se estaban a pasar protestanto e dando patadas sin balón por medio. Dámoslle un 1.

1 comentario:

  1. Nas actividades onlain descubrin a guasi pero non logra ver as suas mans e as duas ricuras que están diante estan moi ledas.
    Ai, guasi, guasin... ton topolocarallo
    P-D- Sácalle o da verificacion esa que xa un ten pouco tempo de escribir e ...

    ResponderEliminar