FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

martes, 4 de novembro de 2008

ESCÁNDALO DE ESPIONAXE NO FÚTBOL VETERANO

O fútbol da Costa de Veteranos unha vez máis é protagonista dun escándalo sen precedentes nos anais da súa historia. Os bos resultados do equipo do Cabana levantaron as sospeitas do Comité de Investigación, o sistema de xogo utilizado nos derradeiros partidos foi similar o utilizado polo Malpica de veteranos, xogaban con catorce xogadores de campo. As tácticas deste novedoso sistema estaban gardadas detrás das bombonas de butano para non levantar sospeitas, pero misteriosamente desapareceron sin deixar rastro, por esa causa o xogo do Malpica non está a dar os resultados esperados, e sobre todo polos millóns de dólares invertidos nesta potente escuadra.
O misterio desvelouse o puco tempo de entrada en acción da Santa Brigada Inquisitoria formada polos eunucos do Club. Un xogador do Cabana de veteranos xunto cun comando da brigada aérea de élite foron os responsabeis do delito.

1 comentario:

  1. góstame o titular de "veterani del insersi di Malpica" de La Gazzetta dello Sport. vainos como anillo ao dedo.

    ResponderEliminar