FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 23 de novembro de 2008

MALPICA 2 - CORME 1

Partido xogado entre dous equipos de parecido potencial, ainda que hai que decir no caso do Corme que teñen bastantes problemas para completar os once no campo e incluso acabaron o partido con dez por lesión de un deles. Saímos na primeira mitade como en todo-los partidos, perdendo grazas a un regalo que lle fixo o árbitro ao Corme en forma de penalty na sua primeira chegada(e que transformou Genaro). Incluso poideron aumenta-la diferenza na sua segunda chegada por medio de Miguel, desfacendo perfectamente un fora de xogo da nosa defensa. A partires de ahí, empezamos nos a crear perigro e remontamos con goles de Esmorís. Incluso houbo un gol fantasma de Lancha (os que estaban cerca dixeron que o balón traspasou claramente a línea de gol) e o remate posterior de cabeza foi dar ao pao. A primeiros da segunda mitade foi cando o Corme pasou a xogar con dez homes . Controlamo-lo partido sin moitos problemas pero fallamos algunhas ocasións, sobretodo un par delas claras por medio de Añón, que non tivo o seu día. Tanto fallar supuxo que ao final apretou o Corme para empatar e pasamos algúns apuros, sobretodo en un balón perdido en defensa e que o número 7 do Corme levouse solo cara a portería defendida por Manolito, pero chegou algo canso e fallou incomprensiblemente.
En canto ao árbitro, Miguel, pareceunos mellor como nos arbitrou a tempada pasada. Pasou algo das xogadas medio conflictivas e cargounos con un penalty que non foi. Como decía antes, creemos que o pode facer moito mellor. Pero tampouco foi un desastre, polo que lle damos un 2.

Ningún comentario:

Publicar un comentario