FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 9 de novembro de 2008

MALPICA 1 - CLUB DEL MAR 3


Outra vez mais (e van...). Ningún de nos sabe porqué pasa pero os primeiros minutos de cada tempo no partido costannos moi caros. Na primeira mitade o Club del Mar marcou nas sus primeiras duas aproximacións a nosa área. No primeiro dos goles quedou mancado moméntaneamente por forte golpe na espinilla o noso porteiro Javi Chouciño, sendo relevado por Manolito, ainda que voltou na segunda parte. Acortou o noso equipo con un gol de Esmoris e todos ao vestuario. Na segunda mitade outra vez marca o Club del Mar na primeira aproximación que tivo ao noso área. Foi o seu dianteiro Juan Antonio Puente "Tom" (Nº 20) , quen con este gol conseguiu face-lo "hat-trick". Nos en cambio fallamos moitas ocasións, e tiveron oportunidades clarísimas Esmoris (2), Ramón Angel (2), Añón (2) e Castriño (1).
En canto ao árbitro esta vez tocounos un amigo, Isidro. Un dos nosos decía que prefería os seus fallos, en alusión a que falla pouco. Sendo rigurosos, temos que decir que pita todo-los foras de xogo, sexan ou non, porque sigue moito o xogo desde o centro do campo, e iso dalle pouca perpectiva. Pero vamoslle dar un 3.

3 comentarios:

  1. Bueno,mirade o lado bo,perdestes o partido,pro arreglaronvos o bankillo XDD sempre positivvo...o ke non se sabrá nunka e si houbo outro enfrentamento en algun bareto XDD porke ojito kos de Soandres eh!! jajajajaja....

    Por certo,noraboa polo bolg!!!! onde este un bo sentido do humor ke se kite todo o resto,e aki haino de sobra!!XDDD

    ResponderEliminar
  2. as puntuacions a isidro xa van por costume, este ano creo que non pita o nivel do pasado, esta acomodansose, ti mismo dis que pita desde o medio e fai pouco fixestes alusion a añon polo mesmo, creo que puntuaches demais.

    ResponderEliminar
  3. Eu tamén pensei en iso cando o escribía. Moi ben reflexado o que decides.En principio, iballe a dar un dous. Decidinme ao final polo discurrir do partido. Pero hai diferencias notables entre as arbitraxes de Isidro e Añón. No caso de Isidro a sua mediación e feita con bastante personalidade, dialogante cos xogadores. E os seus foras de xogo poden admitir duda. No caso de Añón e o de ir contra a marea, non dialoga en absoluto e os seus foras de xogo en moitos casos non o son pero con metros de diferencia. Pero si creedes que a miña opinión é exaxerada, mirade un partido arbitrado por un e polo outro.

    ResponderEliminar