FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

xoves, 13 de novembro de 2008

O FUNDAMENTALISMO MEDRA NA XUVENTUDE


Partidarios de Omar Blue Faneca, promenten vengar o agravio contra o seu líder espiritual e deportivo.
O vindeiro domingo vanse infiltrar no vestuario do Cabana e facer unha escabechina, para conseguir deste xeito o recoñecemento espiritual do equipo de veteranos de Malpica, ¡xa que o deportivo hai ben tempo que o ten perdido!.

6 comentarios:

  1. Todo está moi ben, pero xogar con estes temas pareceme un pouco macabro. Mais ainda cando caiu tan cerca de nos o tema. Sinto pero esto xa non o comparto.

    ResponderEliminar
  2. Entón o que hai que facer, simplemente, é non falar absolutamente de nada, porque SEMPRE, diga o que se diga, vaise ferir algún sentimento nun momento determinado. Da igual que este sitio sexa un lugar de encontro de un grupo de amigos que o único que están a facer é botarse unhas risas sin ningún tipo de segundas intencións. Se cadra ese tipo de "maldades" ou de "falta de sensibilidades" as teñas que buscar en outro tipo de medios máis serios que cheguen a moita máis xente. Ou simplemente, pechar os ollos e as orellas. Dese xeito ninguén te vai ferir nin molestar nin meter a pata con algún comentario que che poida parecer ofensivo ou pouco apropiado. Dende logo, borra este blog do teu listado, porque aqui a intención non é esa que ti estás insinuando.

    ResponderEliminar
  3. amigo meu, eso é o que se chama demagogia. ¿ou pensas que este blog se fai con segundas intencións?, home por favor, o humor é humor. Hai chistes da jerra, da morte, dos nejros, dos gitanos, dos divorcios,dos coxos, dos xordos,.......H-U-M-O-R. E punto

    ResponderEliminar
  4. Esto vai para Pasachesvos. Non sei si liches algo pero xa o decía Aristóteles que "a risa faravos libres", afirmación que o levou a ser un proscrito por parte da Igrexa na que estamos bautizados, a mesma relixión que iluminou os primeiros cruzados para liberar terra santa dos infieles, da súa casa, das súas familias... A relixión por si non o sabes, é a nai de todas as guerras..., pero non vou ser eu quen te ilumine.
    Este blog naceu, ou e fillo do de Carioca, cunha pretensión ben definida,¡o humor e o absurdo!, por esa regla de tres tampouco poderíamos poñer o "queen lostrejo" tamén coñecido como avión da federación (neste blog), porque alguien podía pensar que lle faltamos o respeto os miles de fillos e pais que loitaron e morreron (podo decir morreron ¿ou tamén che parece mal?,na I Guerra Mundial. O mesmo o submarino amarillo (no blog desta semana)xa que non hai tanto tempo que morreron (desapareceron é máis metafórico e non dana os sentimentos dos miles de seguidores deste blog) varios militares nunha explosión aquí en España. Supoño que saberás que no Chad e Sudán a xente morre (¡uy, volvín a decilo!)de fame, e tí como bo cristián, supoño que te movilizarías contribuindo económicamente ou escribindo unha airada protesta ó Goberno de España, mentras tiñas pensado si comer churrasco ou chorizos a brasa cos amigos...
    Si che pareceu mal o blog desta semana, nada máis lexos da nosa intención que crear malestar, senón a de intertar rirnos de nós mesmos, aínda que haxa algún iluminado que preferiría estar diante dos muros de Xerusalén cortandolle as cabezas os moros.
    Sempre che queda mirar o Blog do Vaticano ou aqueles na que aliviar os instintos primarios coma por exemplo "Brajas sin joma.com"
    As palabras fan dano según de donde veñan; ¡non sei de nadie que o despertaron o ruidos das ametralladoras nin das bombas que caeron en Ponteceso, nin sei si o Comando aéreo do Carioca ten pensado dinamitar a miña!, por si acaso vou a estar en vela toda a noite, témolle máis os iluminados, que o meu compañeiro e amigo Guasi faga estoupar os veteranos do Cabana, a non ser coa risa. Xa o goberno nos controla o que facemos que agora tamén hai quen dí o que temos que decir (Franco morreu (si che parece mellor poño deixounos) hai tempo)
    Si neste blog buscas o sentido da vida ou si haberá algo máis aló das estrelas a resposta é fácil: ¡Riete con nos, ou cala para sempre!

    ResponderEliminar
  5. ostiá!! que literatura meu home....o teu é un caudal infinito de sabiduría, valdano que vaia facendo a maleta. jajjaja

    ResponderEliminar
  6. cagónla,marajota, jodechesme a sorpresa: iba a ir a Cabana coas faltriqueiras cheas de cubalibres para neutralizalos.pero tí veña fotos e que as vexa todo o mundo. e despois dalle propaganda para que non poda contratacar. xa non me queda mais que irme as gradas do seu campo e facelos escapar a peidos. a partires de agora quedas relegado no mando, sigo eu coa guerra espiritual contra os infieles. ti sigue co blog, que xa tes dabondo.

    ResponderEliminar