FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 14 de decembro de 2008

MALPICA 4 - CORISTANCO 3


Partido xogado con un frío de morte. Para empezar duas novidades: a primeira que esta vez non nos marcaron na primeira chegada a nosa área (ainda que non foi gol de casualidade). Marcaron na seguinte, incluso sin chegada porque foi un tiro lonxano que pillou a Chouciño levemente adiantado. A segunda novidade e que ¡ MARCOU LANCHA! o seu primeiro gol, ainda que con axuda de un defensa. Partido dónde remontamos na primeira parte, porque empezamos perdendo 2-0 polo gol antes comentado e o segundo dónde o seu nº 12, Carlos Tasende, soubo desface-lo fora de xogo e levantala perfectamente diante da salida de Javi Chouciño. A remontada fixémola efectiva con goles de Esmorís, Lancha e Añón (estes dous goles contaron coa inestimable axuda do seu gardamallas porque o de Lancha nin ocasión era, xa que foi un centro a área e o seu porteiro sin dianteiros que lle estorbasen foi saindo da portería e enredándose co balón ata que a perdeu no borde da área, recolleu a pelota Lancha que fixo un tiro alto pero desvíado, un dos defensas cabeceu para rexeitar pero sólo fixo que endereitou o balón para que chegara dentro da portería).
Na segunda mitade marcarmos o 4-2 no que foi o segundo gol de Esmorís en xogada trenzada polo mediocampo, centro a área desde a dereita e aproveitamento perfecto do dianteiro. Fallamos a partires de ahí innumerables ocasións de gol. O que perdoa demasiado termina pagandoo porque o Coristanco non se dou por vencido e volveu a aproximarse no marcador a falta de oito minutos para o final nun fallo incomprensible de Manolito : 4-3. A partires de ahí, con algo de sofremento, poidemos controlar o xogo e non pasar mais apuros. Os goles do Coristanco foron obra de Carlos Tasende (2) de de Juan García.
En canto ao árbitro, debut nun partido noso de Iván. Bastante serio, ainda que tivo algunhas apreciacións nos fora de xogo protestadas por ambos equipos. Salvo eso, non se complicou moito no xogo. Tampouco interviu nun pequeno rifi-rafe que houbo entre o noso xogador Carlos e outro xogador deles cando rematou o partido, e que os xogadores de ambos equipos arreglamos para que non pasara a maiores. Dámoslle un 2.

Ningún comentario:

Publicar un comentario