FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 11 de xaneiro de 2009

¿DESASTRE OU ORGULLO? MALPICA 1 - SAN LORENZO 2


O título desta noticia ven dado porque xogamos os once xustiños. Estivo de porteiro o noso extremo Carlos e fixoo moi ben. Incluyo entre os once a xente moi tocada como Tino ou Chucho (quen o tivo que deixar porque voltou a romper). Empezou o partido e na primeira parte houbo ocasións contadas para ambos equipos, unha boa para cada equipo. Por primeira vez en moito tempo non houbo goles do contrario nos primeiros minutos. Marcamos o noso gol nunha contra ben levada por Ramón Angel que finalmente fixo o pase da morte a Esmorís, que se lanzou ao chan e conseguiuna levar as mallas. Lamentar tamén nesta primeira mitade a lesión forte do número 9 do San Lorenzo, Juan Vázquez (nun choque fortuito con Almóvil) que presuntamente esguinzou a rodilla.
No descanso, dos 10 que estábamos, tivo forzosamente que marchar Tono, polo que tivemos que ser soamente nove para aguantar. Eso que decía esta fin de semana Paco Chaparro, o entrenador do Betis, de que "con menos no campo, se romperon as pernas, o cu, a espalda,..." e certamente aplicable. Porque con nove foi como quedamos porque entre os dez, sin quitarlle ningún tipo de mérito, estaba Alberto, firmemente lesionado, e que "solo", se limitou, primeiro a poñerse no campo e estar diante simulando para que a defensa contraria creera que había dianteiros nosos, e despois, unha vez que eles remontaron, poñéndose de porteiro para que Carlos se incorporara ao xogo para tentar empatar. Nesa segunda mitade, podo decir orgullosamente (ainda que algúns opinen que o orgullo non sirve de nada) que tentamos conter os ataques contrarios como forzosamente poidemos (a forma física despois de varias semanas parados deixaba moito que desexar) as acometidas do San Lorenzo. Si lle chegan a entrar, o partido estaría zanjado moito antes da media hora da segunda parte. Pero unhas veces por precipitación, outras porque salía algún xogador noso que a desbarataba, non poideron marcar. Pero por lóxica pura e dura os goles para o San Lorenzo tiveron que chegar, o segundo de penalty moi claro. De ahí ao final casi que empata Lancha de tiro que saliu moi axustado ao pao. Foi a segunda das nosas ocasións da segunda parte, na outra Esmorís chegou claramente pero tirou fora. Xa digo que sería inxusto para o marcador. Os goles do San Lorenzo marcaronnos José Fernández e Juan Cancela. Agora que volten os ausentes que tivemos, ben por sancións, enfermedades ou polo que fora (que o saberán eles).
Sobre o árbitro, Pepe Novo, non tivo incidencia no resultado, dedicouse a non tentar torcer o xogo demasiado. El non tivo culpa das nosas baixas e ausencias. Tampouco pasou que llo puxeramos tan difícil. A pesares do semblante que poñía. Dámoslle neste partido un 2.

Ningún comentario:

Publicar un comentario