FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 18 de xaneiro de 2009

SOFÁN 2 - MALPICA 1

Bo partido no campo do Sofán.Na primeira mitade os dous equipos desplegaron un xogo aberto, con opcións para ambos. Os porteiros e defensas anduvieron vivos. O primeiro que marcóu foi o Sofán, por medio de Juan Pensado. Conseguimos empatar ao filo do descanso, en xogada ben trenzada en mediocampo empezada entre Fernando e Añón, pase de éste a Delfino e o seu centro medido foi rematado impecablemente de cabeza por RamónAngel.
Na segunda mitade, empezamos moi ben os primeiros quince minutos. Tocábamos ben o balón e tivemos varias oportunidades para plantarnos diante de José Cambón. Esmoris cabeceu esplendidamente un balón centrado desde a esquerda pero o balón saiu fora por pouco.E ahí prácticamente se nos acabou o gas. O Sofán empezou a arrinconarnos na nosa área. Fíxosenos moi costa arriba. O físico non nos respondeu. E nunha falta, en dónde se trabocou Manolito ao deixar libre o seu sitio (púxose detrás da barreira), Pablo Pardo tirou colocado ao sitio do porteiro e o balón entrou mansiñamente na portería. Despois Manolito acertou a parar o que lle tiraron. E con él batido, Añón sacou un balón que prácticamente se colaba na portería. Nos últimos quince minutos de partido (contamos tamén o añadido de partido que foi case de dez minutos) arrinconamos ao equipo rival pero non fomos capaces de polo menos empatar.
O árbitro foi Juan. É un árbitro que sempre nos gusta porque é serio. Ao Sofán parece que non lle gustaba e protestabanlle todo. Ibamoslle dar un tres, pero tamén e verdade que nas postrimerías do encontro perdiuse en falar e deixou sin castigar con tarxetas algunhas entradas feas aos xogadores, aparte de sancionar con tarxeta para cada xogador unha entrada por detrás (sin posibilidade de chegar ao balón) de Oscar Cambón (nº 16 do Sofán) ao noso xogador Chouciño. Damoslle un 2.

Ningún comentario:

Publicar un comentario