FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 15 de febreiro de 2009

CLUB DEL MAR 1 - MALPICA 2


Precioso fin de semana para xogar ao fútbol. Xa o sábado déronse bos resultados en xeral para os conxuntos de Malpica: os cadetes gañaron pola mañá con remontada incluida ao Bergantiños (2-1) e pola tarde, primeiro os xuvenís gañaron 5-2 ao Camariñas e despois os senior empataron co Fisterra en Corcubión, nun resultado que pudo ser mellor pero tamén pudo ser peor. E nos o domingo para acabar de remata-la serie gañamos a un dos candidatos ao ascenso.
Na primeira mitade casi que non houbo ocasións claras para ninguén, solamente unha para o Club do Mar dónde lle tentaron madarlle a Manolito un balón por encima, pero , ainda que estaba un pouco cegado polo sol, conseguiu mandala fora. A posesión de balón estivo bastante repartida entre ambos clubes.
Na segunda mitade houbo mais ocasións por ambos bandos. De todas formas, o momento clave do partido foi un pase en profundidade do nº 7 e capitán do Club del Mar, Javier Ramos, ao nº 20, Juan A. Puente "Ton", deixándoo solo contra do noso porteiro Chouciño (que entrou na segunda parte) e que éste acertou a despexar cando xa se cantaba o gol. E prácticamente na siguiente xogada, saque de banda cara Esmorís, asistencia de éste a Richard que acerta a marcar. Momentos despois metemos o segundo gol como consecuencia de un tiro de Esmorís desde a esquerda que chega a Richard, fae o pase da morte cara Castriño que cruza ao segundo pao. A partires de ahí, o equipo rival botóuse cara diante e conseguiu marcar nun rechace que recolliu Ton e tirou colocado sin dar opcións ao porteiro. Eso fixo que se volcaran mais para face-lo empate. E nos últimos minutos veu a xogada polémica: balón que sacan de banda, chega a un dos seus xogadores e o seu tiro da na mán de un dos nosos, que estaba pegado a portería. Para nós (eu estaba diante de él, a metro e medio) a tiña pegada ao corpo. Para eles, interceptaba o tiro e era penalty. O árbitro entendeu que non o era e acabou o partido como o rosario da aurora, con algún veterano perdendo os papeles.
Para nós, independientemente de esta xogada, non acertou arbitrando Julio. Estivo moi lonxe do xogo, bastante estático, e fallou bastante nos fora de xogos aplicados e en algúns fora de banda e faltas siñalizados. Si ben é verdade que non quixo entrar en polémicas cos xogadores (porque tampouco llo puxemos fácil), tiña que haber sacado mais tarxetas das que sacou. Dámoslle un 1.

4 comentarios:

  1. Boas tardes, en primeiro lugar darvola noraboa pola victoria, creo que sodes xustos vencedores, mais que nada que aproveitastes mellor as ocasions que nos, felicitar tamen a chouciño por ese man a man que como dis poido cambiar o conto completamente. Agora quero decir unha cousa con respeto o arbitro, onte foi Julio Pardiñas pero en xeral a maioria, e co que vou decir non e para votarlle a culpa da derrota, como di o amigo que comenta o partido que polos comentarios que fai penso que foi Wasi (un saudo), penso que cobrando 50€ como cobran que debian de moverse un pouco mais, e non seguilo xogo case dunha area a outra e sobre todo no caso de este señor que o ano pasado ainda xogaba, por que o arbitraxe de onte foi penoso tanto hacia o malpica como hacia nos, e o carallo que o final sempre acabamos discutindo entre algun de nos por culpa deles. Bueno pois eso noraboa o malpicae gran partido xogado amigos. Un saudo.

    ResponderEliminar
  2. en resposta, xa ves que no que dou a notar na puntuación vai polo camiño de que, ainda que non lle supoño ao colexiado falta de dignidade ou partidismo no que pita, hai que poñerlle un pouco de ganas ao asunto.No partido anterior que nos pitou así o fixo e puntuámolo mellor que en éste. eu non sei si eres o porteiro do Club del Mar pero desde logo entre nos acabamos tan amigos ainda que puderamos pensar de maneira distinta sobre da xogada conflictiva que houbo.AS MANEIRAS QUE NON SE PERDAN.Un saudo.

    ResponderEliminar
  3. Si son o porteiro e esta claro que cada un podeo ver de maneira distinta, pero unha cousa non quita a outra, as formas que tivemos de discutila xogada dino todo. Chapeau amigo. Un saudo.

    ResponderEliminar
  4. Un saudo. Xa nos saudamos ao primeiro e volvemos a saudarnos ao final. Ojalá todos os xogadores en todo-los equipos se leven da mesma maneira.E que vos vaia ben todo na liga, que non haxa lesionados e podades ascender si así o queredes (sin quitar méritos a ninguén, non quero que se me cabreen)

    ResponderEliminar