FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 22 de febreiro de 2009

MALPICA 1 - VIMIANZO 3










Mañá soleada e óptima para a práctica do fútbol. Xogamos en contra do UNIÓN VIMIANZO, que XA É NOVO EQUIPO DA PRIMEIRA DIVISIÓN e non vou a ser eu quen lle quite méritos porque dispón de xente boa, algunha moi nova (ainda que os seus veteranos non desmerecen) e a un dos mellores artilleiros desta liga nas suas duas categorías. Tentamos pelearlle o resultado, e ocasións tivemos para elo, pero non fomos quén de leva-lo partido cara o noso lado.
A primeira mitade acabou con empate a ceros. Cada equipo dispuxo da sua oportunidade, mais clara a nosa por medio de Esmorís, que incomprensiblemente fallou soio diante do porteiro tirándolle o balón as mans, que a deles por medio de Litos, que tirou fora.
Na segunda mitade, adiantárose eles nun tiro de falta moi suave que non tiña maiores problemas, salvo que o noso porteiro Manolito non blocou e o rechace recolleuno Litos marcando gol. Tivemos nesa falta un erro de colexiales porque nadie foi presto a completar a barrera (Añón era un dos xogadores idóneos) e tivo que poñerse Suso (que non o era), cando o seu sitio apropiado estaba no centro da defensa, de cara a repelir os rechaces. Casi de seguido, Litos recolle un balón no extremo, vaise ben cara a línea de fondo mandando un balón ao segundo pao, que foi rematado polo nº 19 (F. Soto). Nós seguimos a fallar ocasións claras por parte de Esmorís e sobretodo unha que recolleu Ramón Angel e, a portería vacía, rematou de espaldas (de tacón), saindo o balón pegado ao poste.De tanto fallar, démoslle ao Vimianzo outra ocasión mais: penalty inocente e claro cometido na nosa defensa, sendo transformado polo nº 24 (Jaime). De ahí ao final, metemos o gol da honra por medio de Fino (ainda que puderon ser os que o fixeran Carlos ou Pepe).
O árbitro foi Rama. Tiña moita presa por empezar porque iba a arbitrar noutro lado. Ainda que non tivo excesivas complicacións, metéuse en camisas de once varas nunha xogada, con pique incluido, entre os xogadores Ramón Blanco (Vimianzo) e o noso xogador Lancha. Pasoume pola cabeza a xogada polémica que pitou contra nós en Leioio e pensei: vaina a armar. Pero saldouno con tarxeta amarela para cada un deles. Salvo esa xogada, non decidiu nada no resultado. Dámoslle un dous.
Ao final, celebración por todo o alto dos xogadores do Vimianzo, como é lóxico. FELICIDADES polo éxito acadado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario